VISITA DE ANTONIO REIGOSA


Antonio Reigosa é unha desas persoas que empeza a falar e o tempo para… porque as súas verbas paralizan en certa forma o tempo e fai que o tempo pasado e o que estamos a vivir tome valor, porque somos porque outros foron, e as nosas vidas grazas as historias que deixaremos, formarán parte do que as futuras xeracións serán. Empezou recordando diferentes relatos e obras de autores da nosa zona: Pedrafita, Cervantes, O Courel... Pero non so falou, senón que  escoitou e completou as lendas dos rapaces e rapazas, contestou ás súas preguntas, xa que durante estas semanas estiveron traballando coas súas obras, explicou cómo naceu a súa paixón por escribir, por contar as historias de cada un, de cada zona e sobre todo puxo en relevancia, a importancia de non deixar de contarnos historias e anécdotas porque niso se asenta o valor de cada pobo. Recalcou  a importancia de valorar o noso, nada máis bonito que facer que unha parte de nós perdure no tempo a través da palabra, quizais unha lenda viva que atravese as barreiras temporais.

Aquí quedan os enlaces onde ademáis Antonio colgou na súa enciclopedia on line de Fantasía Popular de Galicia as nosas aportacións:

O CONTO DA MOURA (Sofía)

O SUMIO (David)