Complementarias
Visita de usuarios da residencia para dar os premios de Nadal
Enviado por ricardo o Lun, 09/01/2023 - 22:50O pasado día 21 de decembro recibimos a visita dunha representación da residencia Manuel Villasol, para entregar ao alumnado os premios da postal de Nadal. Moitas grazas!
FESTIVAL FIN DE CURSO
Como din os nosos presentadores Dani e Uxía, ninguén pensaba en que fose posible ter este día, pero o traballo e a responsabilidade de familias, nenos, nenas e profesorado fixo real un festival de fin de curso que permitise poñer un final especial a este curso tan difícil para todos e todas.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: POLO CORREO DO VENTO ACÉRCANOS A XELA ARIAS
Dentro de todas as actividades adicadas a Xela Arias na semana das Letras Galegas, a visita de "Polo correo do vento" foi especial, dende infantil ata 6º de Primaria e a través da ilustración, da narrativa e da música acercámonos a Xela e coñecimos o seu carácter transgresor e rompedor de moitos tópicos da época, as súas obras, ... e sobre todo descubrimos que somos uns e unhas debuxantes e debuxantas de sobresaínte.
ETAPA DO CAMIÑO "CEBREIRO-TRIACASTELA" COA "NEVADA DO CUCO"
Din que para unha boa camiñata o mellor é un tempo fresquiño, polo que escollimos o día en que as nosas paisaxes se tinguiron de novo de branco coa esperada "nevada do cuco" para facer unha das etapas do Camiño de Santiago, O Cebreiro (aínda que nos o empezamos en Pedrafita porque nos parecían poucos kilómetros) ata Triacastela onde nos esperaba Manolo co seu comodísimo bus ou iso nos pareceu despois de 27 km.
