O VÍDEO QUE FALTABA... INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO
“Profe, pero como nos imos meter na auga co que chove?”, así comezou a intensa actividade de iniciación ao piragüismo realizada o pasado 18 de maio co Clube Cidade de Lugo, xa que o día non comezaba especialmente soleado. Porén, a medida que a mañá avanzaba e as monitoras do clube nos explicaban as características das diferentes modalidades de piragüismo, kayak, canoas… os rapaces e rapazas íanse animando e entrando en calor. Tras as explicacións e un breve quecemento, todos e todas á auga: caídas, molladuras, dúbidas de cómo coller os remos, ilusión por avanzar cada vez máis rápido, etc., e así discurríu a mañá na que deu tempo a navegar polo río Miño, na que caera unha tromba de auga impresionante en dez minutos, e na que posteriormente quentou o sol para repoñer a calor corporal e poder comer no parque situado ao lado das instalacións comentando as mellores “xogadas” da actividade. Moitas grazas ao Clube Cidade de Lugo pola actividade realizada.