blogue deGabi
Arrancamos co noso canal de ciencia: Ciencia na Montaña
Enviado por Gabi o Mér, 16/11/2022 - 01:40Este canal de youtube forma parte da materia de Cultura Científica, onde o alumnado de 4º ESO irá enchendo de contido científico dando resposta a grandes interrogantes da ciencia, desmentindo mitos, etc. Aquí o primeiro vídeo
Magosto
Enviado por Gabi o Lun, 14/11/2022 - 23:40Aquí vos deixamos un video cunha pequena mostra do bonito que foi este día! Noraboa a todo o alumnado da ESO, que organizaron, cociñaron e prepararon castañas, chourizos, as mesas....Gracias aos nosos veciños da residencia Villasol! Os máis bailóns da festa! E tamén ao Concello por facilitarnos todo o necesario para facer este magosto!
Semana da COEDUCACIÓN: venres 28
Enviado por Gabi o Mar, 25/10/2022 - 23:50Finalmente, este venres tivemos as dúas últimas actividades de teatro coeducativo para o alumnado de primaria e da ESO
Semana da COEDUCACIÓN: xoves 27
Enviado por Gabi o Mar, 25/10/2022 - 23:50Os de infantil viaxaron ao mundo das emocións co conto " Monstruos de cores" e tamén con xogos e cancións. E os de primaria cunha sesión de teatro coeducativo
Semana da COEDUCACIÓN: mércores 26
Enviado por Gabi o Mar, 25/10/2022 - 23:49Hoxe é o turno dos pequenos e pequenas de primaria, de 1º a 3º. Tamén cun cinefórum sobre a película de Mulan
Semana da COEDUCACIÓN: martes 25
Enviado por Gabi o Mar, 25/10/2022 - 23:49Segundo día dos talleres coeducativos, hoxe tocoulles ao grupo de primaria de 4º a 6º. Tiveron un cinefórum da peli de Billy Elliot e unha interesante reflexión sobre os estereotipos de xenero. Aquí unhas fotos da xornada:
Semana da COEDUCACIÓN: luns 24
Enviado por Gabi o Mar, 25/10/2022 - 00:37Nesta semana imos a ter unha serie de talleres sobre coeducación para todos os niveis organizados pola asociación Coeduca. Hoxe empezaron os pequenos e pequenas de infantil, os da ESO cun cinefórum sobre a peli "La bicicleta verde", e os pais e nais cunha charla sobre igualdade pola tarde. Aquí unhas cantas fotos da xornada:
Saída a Padrón
Enviado por Gabi o Mér, 12/10/2022 - 22:03Este luns tivemos a primeira saída do curso co alumnado da ESO. Vsitamos Padrón, terra de grandes referentes literarios da nosa terra coma Rosalía de Castro ou Camilo José Cela. Alí visitamos un par de Igrexas, o "Pedrón" no que se amarrou a barca do Apóstolo Santiago, camiñamos un pequeniño tramo do camiño de Santiago entre Escravitude e Padrón... e sobretodo, disfrutamos dun marabilloso día de convivencia!
Concedido Club de Ciencias 2022-2023!!
Enviado por Gabi o Mar, 04/10/2022 - 01:00De novo este ano contaremos con este proxecto do Club de Ciencias, dende infantil ata secundaria!
Darémoslle continuidade ao do curso pasado e realizaremos entre todos a señalización dunha ruta de sendeirismo no Concello de Pedrafita!
Ámeto Mítico, charlando con poetas
Enviado por Gabi o Mar, 27/09/2022 - 22:44Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de 3 poetas, unha galega, un italiano e un irakí. Estes tres escritores estiveron vivindo a experiencia do Camiño de Santiago dende Vilafranca, entorno ao libro de Ámeto Mítico de Uxío Novoneyra. Xa é a segunda vez que veñen baixo este proxecto traídos pola Fundación Uxío Novoneyra.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
