2º premio no certame: VII Premios á Ecoinnovación da Fundación ENDESA!!

O alumnado de 4º da ESO participou durante este curso no VII certame que organiza a fundación ENDESA sobre ecoinnovación a nivel nacional. Concorreu co seu traballo de investigación sobre a praga da avispiña dos castiñeiros e finalmente conseguiu o 2º premio cunha dotación de 1000 euros máis unha viaxe a Madrid para recoller o premio o vindeiro 16 de xuño!! Noraboa a David, Sofía e Jesús!! A continuación tedes un vídeo resumo do que foi o seu proxecto: