blogue deGabi
Charla da Garda Civil sobre adiccións aos videoxogos e ás drogas!
Enviado por Gabi o Xov, 01/06/2023 - 22:58Hoxe estivo con nós Ramón, da garda civil, contándonos e alertándonos dos perigos MOI REAIS que supoñen os videoxogos para o alumnado de primaria e da ESO. Logo seguiu cos máis maiores falando sobre os riscos de diferentes drogas
2º premio no certame: VII Premios á Ecoinnovación da Fundación ENDESA!!
Enviado por Gabi o Ven, 26/05/2023 - 23:32O alumnado de 4º da ESO participou durante este curso no VII certame que organiza a fundación ENDESA sobre ecoinnovación a nivel nacional. Concorreu co seu traballo de investigación sobre a praga da avispiña dos castiñeiros e finalmente conseguiu o 2º premio cunha dotación de 1000 euros máis unha viaxe a Madrid para recoller o premio o vindeiro 16 de xuño!! Noraboa a David, Sofía e Jesús!! A continuación tedes un vídeo resumo do que foi o seu proxecto:
Construíndo o composteiro para o noso horto!
Enviado por Gabi o Mar, 23/05/2023 - 01:06Hoxe estivemos construíndo composteiro coa axuda da empresa ECOTONO!
Letras Galegas
Enviado por Gabi o Mar, 16/05/2023 - 23:20A nosa lingua é a esencia da nosa identidade, forma parte das nosas raíces que nos sustentan como pobo. Sempre coma un elemento de unión, de acollida, vencellándonos os uns aos outros. Nunca para dividir ou excluír! A mellor mostra diso, esta homenaxe dos nosos alumnos e alumnas de infantil e primaria a Fernández del Riego, pero sobretodo á nosa lingua! Noraboa á profe Vicky polo traballo!
Inauguración ruta Pedrafita ao Cebreiro! O día 10 de xuño! animádevos!!
Enviado por Gabi o Mér, 10/05/2023 - 14:05Music of the Way
Enviado por Gabi o Mar, 25/04/2023 - 00:15Nesta ligazón ao spotify encontrarás a selección de cancións feitas polo noso alumnado da ESO e o alumnado de Italia e Portugal do proxecto Erasmus
The Way for Peace
Enviado por Gabi o Mar, 25/04/2023 - 00:12Compartimos unha das últimas actividades do proxecto Erasmus, un libro dixital que creamos con literatura pola PAZ
https://read.bookcreator.com/pGDkilff6IP8kwzfKbZdknPh6mT2/zFeZvB98T3Gj8u...
