Ampliación da axuda para adquirir material escolar
No DOG do 14 de outubro de 2022, a Xunta publicou unha resolución pola cal as persoas que resultaron beneficiarias do vale para adquirir material escolar por importe de 50 €, recibirán outro vale adicional de 25 €.
As familias beneficiarias NON teñen que facer ningún trámite para solicitalo e poden pasar a recoller o vale de 25 € a partir do martes 18 de outubro na secretaría do centro en horario de 8:50 a 14:15 horas.