Skip to Content

Fondo libros e vales material escolar do alumnado que cursará ESO e Primaria no curso 2021/2022

Xa están publicadas as listaxes provisionais da adxudicación do fondo libros de texto do alumnado de ESO (sen materias pendentes para setembro) e de Primaria no taboleiro interior do centro ou na  web https://www.edu.xunta.es/fondolibros no apartado cidadán (So para solicitudes por sede electrónica)
 
As listaxes definitivas de Primaria publicaranse o 20 de xullo. 
As listaxes definitivas de ESO publicaranse o 15 de setembro.
 
Poden pasar a recoller os vales de material na Secretaría do CPI do Toural dende o xoves 8 de xullo de 2021 ata o venres 30 de xullo en horario de  9:15 a 13:45 horas.
 

Libros de texto Primaria e ESO curso 2021-22

Relación de libros de texto de Primaria e ESO para o vindeiro curso 2021-22.

 

Prazo formalización matrícula ESO curso 2021-2022

O prazo oficial para formalizar a matrícula para o alumnado de ESO do curso 2021/2022 vai dende o 25 de xuño ata o 10 de xullo de 2021.

 Os días de atención preferente para formalizar a matrícula son:

1º ESO (procedentes do CPI do Toural): venres 25 de xuño, luns 28 e martes 29 de xuño

1º ESO (procedentes de CEP Riomaior/outros centros): luns 28 de xuño 

2º ESO: martes 29 de xuño

3º ESO, 4º ESOmércores 30 de xuño 

No caso do alumnado que teña algunha materia da ESO pendente para a convocatoria extraordinaria de setembro, deberá formalizar a matrícula no mes de setembro (dende a entrega de notas ata o 10 de setembro).

As familias con alumnado que teña que matricularse en cursos diferentes, poderán formalizar a matrícula no mesmo día.

Documentación xeral necesaria:

1º ESO:

- 1 fotografía do alumnado (tamaño carnet)

- Fotocopia da tarxeta sanitaria

Calendario exames de setembro ESO

ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Activistas polo mundo que queremos.

Se premedes no arquivo adxunto, poderedes oir os programas de radio realizados polo alumnado de 2º ESO B.

Prazo formalización matrícula novo alumnado de Educación Infantil e Primaria Curso 2021-2022

O prazo oficial para formalizar a matrícula para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria do curso 2021/2022 vai dende o 20 de xuño ata o 30 de xuño de 2021.

Os días de atención preferente para formalizar a matrícula son:

Infantil: luns 21 e o martes 22 de xuño.

1º Primaria: xoves 24 de xuño

A documentación que deberán achegar é:

- Fotocopia do libro de familia

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a

- 2 fotos

 

A documentación xa achegada no momento da reserva non hai que voltar a traela.

Tamén deberán achegar os seguintes impresos cubertos:

 O impreso de matrícula (Anexo III-1)  atópase no seguinte enlace: Premer aquí 

 O impreso de paradas de autobus (ficheiro adxunto "Cuestionario paradas de autobús 2021-22")

 O cuestionario da ANPA (ficheiro adxuntos "sondeo1")

 

A efectos informativos estas son as actividades previstas pola ANPA: Ver ficheiro adxunto "ANPA información".

 

Entrega notas ESO

O horario de entrega de notas do alumnado da ESO será o seguinte:

4º ESO: De 9:30 a 10:00 horas (xoves 24 de xuño de 2021)

1º ESO, 2º ESO, 3º ESO: De 10:30 a 11:00 horas (xoves 24 de xuño de 2021)

 

A entrega de notas faráse na aula.

As nais e pais que acompañen ao alumnado deberán agardar fóra do edificio. 

Paco Nogueiras no Toural

Actividade do EDLG

PACO NOGUEIRAS fixo brincar, bailar e cantar ao público de Infantil e Primaria co seu espectáculo musical BRINCA VAI!

 

Axudas Libros de Texto e Material para o curso 2021-2022

Se comunica as nais e pais do alumnado que vaia cursar Educación Primaria ou ESO no ano académico 2021-2022 no CPI do Toural, que se convocaron axudas para a adquisición de libros de texto, de material escolar e o Fondo de libros da Xunta de Galicia (DOG 20 maio 2021).

.

As familias dispoñen de prazo ata o 22 de xuño de 2021 para presentar as correspondentes solicitudes.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Procedemento de reclamación e criterios de promoción

Xa está publicado na aula virtual o procedemento para realizar as reclamación das cualificacións e das decisións de promoción ou permanencia.

Podedes acceder aquí.

 

 

Os criterios de promoción para educación primaria podedes velos aquí!

Títeres no Toural

Sesión de títeres

Listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso 2021/2022

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión no CPI do Toural para o vindeiro curso 2021-2022 foi admitido.

Poden consultar a listaxe no taboleiro interno do CPI do Toural ou a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre, premendo neste enlace  (Solicitudes>As Miñas Solicitudes  e vendo o estado da solicitude a través do menú Solicitudes>Admisión>Recuperar).

Recollida Título ESO

O alumnado que cursou 4º de ESO durante o ano académico 2018-2019, xa pode pasar pola secretaría do centro para recoller o seu Título da ESO. 

Videoconferencia con Rosa Aneiros


O día 30 de abril estivo con nós por videoconferencia a escritora Rosa Aneiros. Estivo desde a súa casa, contándonos como foi o proceso de elaboración do libro "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea", no que trata o tema da migración en patera e os campos de refuxiados. Logo houbo unha rolda de intervencións na que o alumnado aproveitou para preguntar dúbidas e cuestións diversas. 
Resultou moi interesante e foi a primeira ocasión na que todo o alumnado xunto participou nunha charla por videoconferencia. 

Calendario da convocatoria extraordinaria de maio de recuperación de materias pendentes do curso pasado

Listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2021/2022

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión para o vindeiro curso 2021-2022 foi admitido.

Poden consultar a listaxe no taboleiro interno do CPI do Toural ou a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre, premendo neste enlace  (Solicitudes>As Miñas Solicitudes  e vendo o estado da solicitude a través do menú Solicitudes>Admisión>Recuperar).

Inauguración da Biblioteca do Toural!

Por fin estrenamos a nova Biblioteca do Toural

Moitas gracias a toda a comunidade educativa que colaborou moi activamente na posta en marcha desta biblioteca.

Agora, a disfrutala!

Distribuir contido


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

by Dr. Radut