Skip to Content

Prazo formalización matrícula ESO curso 2023-2024

O prazo oficial para formalizar a matrícula para o alumnado de ESO do curso 2023/2024 vai dende o 23 de xuño ata o 7 de xullo de 2023.

 Os días de atención preferente para formalizar a matrícula son:

4º ESO: luns 26 de xuño 

3º ESO: martes 27 de xuño

2º ESO: mércores 28 de xuño

1º ESOxoves 29 de xuño 

 

As familias con alumnado que teña que matricularse en cursos diferentes, poderán formalizar a matrícula no mesmo día.

Documentación xeral necesaria:

1º ESO:

- 1 fotografía actual do alumnado (tamaño carnet)

- Fotocopia da tarxeta sanitaria (salvo que xa a achegara anteriormente)

- Fotocopia libro de familia (salvo que xa o achegara anteriormente)

- No caso de divorcio ou separación deberán achegar unha copia da sentencia/convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor, no caso de non tela entregada recentemente.

-  Impreso formalización matrícula ESO (só os non repetidores)   (ver anexos)

- Impreso matrícula (ver anexos)

- Cuestionario transporte (só novo alumnado)(ver anexos)

- Autorización Imaxe (ver anexos)

2º ESO:

- 1 fotografía do alumnado (tamaño carnet)

- Impreso matrícula (ver anexos)

- Autorización imaxe (ver anexos)

3º ESO:

- 1 fotografía do alumnado (tamaño carnet)

- Fotocopia do DNI do alumno/a

- 1,12 € do seguro escolar obrigatorio (prégase importe exacto)

-Impreso matrícula (ver anexos)

- Autorización imaxe (ver anexos)

 

4º ESO:

- 1 fotografía do alumnado (tamaño carnet)

- 1,12 € do seguro escolar obrigatorio (prégase importe exacto)

- Impreso de matrícula (ver anexos)

- Autorización imaxe (ver anexos)

 

O horario de atención ao público da Secretaría no mes de xuño é: De 8:50 a 14:10 horas

AdxuntoTamaño
Matrícula 1º ESO 2023-2024.pdf919.98 KB
Matrícula 2º ESO 2023-2024.pdf985.72 KB
Matrícula 3º ESO 2023-2024.pdf1.02 MB
Matrícula 4º ESO 2023-2024.pdf884.06 KB
Formalización matrícula ESO.pdf157.96 KB
Cuestionario paradas de autobús 2023-24.pdf93.31 KB
Autorización Imaxes Toural curso 2023 2024.pdf776.7 KB


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

story | by Dr. Radut