Os departamentos de ciencias do CPI de San Sadurniño en colaboración coa biblioteca escolar deste centro organizan o II Concurso “Investigación e ciencia”.
Neste curso aprendimos sobre a cultura, tradicións, comidas, xogos, ..., do Sahara Occidental. Outros países do mundo tamén teñen outras curiosidades na súa forma de vida.
Nesta guía suxerímoste algúns títulos de libros cos que podes pasar un anaco divertido neste verán e aprender algo novo. Anímate a ler algún e á volta das vacacións nolo contas. Boas vacacións!
Neste último mes do curso continuamos coa colaboración dos pais e nais na actividade das lecturas compartidas "Os maiores tamén contan".
O día 5 de xuño veu á Biblioteca Belén Hermida, a nai do alumno de segundo de primaria Jorge Mera. Primeiramente contounos a historia de "Los dos conjuros" e despois coa axuda de Jorge leunos o conto de "Las tres hijas", que deixou xunto coa historia de "A cebra Camila" de agasallo para a nosa biblio.
Neste mes de maio seguimos coa actividade das "Lecturas compartidas", na que os familiares dos nosos alumnos veñen á biblioteca á contarnos algún conto.
Neste mes tivemos connosco:
O 14 de maio a nai da alumna de quinto de primaria Nerea Gundín leunos o conto de "Blancanieves":
E para rematar esta semana de moitas lecturas compartidas, o luns 30 de abril contamos con Miriam Fernández, que contou a Estela e aos seus compañeiros de terceiro a historia de "O sorriso de Daniela". Queredes ver un resumo?