Skip to Content

Actividades

X ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

O sábado 4 de xuño, organizado por Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional (entidade da que é socio o noso centro), terá lugar esta actividade en Muimenta (Cospeito-Lugo) en xornada de mañá e tarde.

Podedes atopar máis información de en que consiste facendo clic na seguinte imaxe:

E para todas aquelas persoas interesadas en asistir, pregamos cubran o seguinte formulario de inscrición (de ser posible antes do mércores 11 de maio):

DÍA DA CIENCIA 2016 INFANTIL E PRIMARIA

O pasado xoves o noso centro celebrou o Día da Ciencia. Nesta actividade, o alumnado de tódolos cursos preparou diferentes experiencias científicas para amosarlle ao resto de compañeiros/as do cole.

Facendo clic na seguinte imaxe accederedes a un vídeo-resumo:

UN CONTO CANTADO

Vane, a nai de Edel, veu á clase a cantarnos "O coelliño branco". Unha forma diferente e divertida de achegarnos aos contos.

EXPERIMENTAMOS CO VENTO EN 4º DE INFANTIL

Os nenos e nenas de 4º de Infantil experimentamos coa forza e a dirección do vento.

UNHA PINTORA EN 4º DE INFANTIL

Paula, a nai de Lía, cóntanos o conto "Pequeno azul e pequeno amarelo" pintando un cadro. O resultado semella un Miró. 

Primeira visita no Sansa Enreda

O pasado martes catro veciñ@s de Naraío (Gelis, Celsa, Pura e Lisardo) estrearon as visitas dentro do Proxecto Sansa Enreda.

Viñeron a aprendernos a construír un carro de nabo, asubíos e trenzar xuncos. Podedes atopar máis información na web do proxecto:

Aí vai unha imaxe cos asistentes á actividade (ben, falta o profe Iván, pero é que estaba detrás da cámara).

E esta visita tivo eco tamén na web do Concello:

II PARADA FAMILIAR DE XOGOS TRADICIONAIS

Despois do satisfeitos que quedamos o ano pasado coa primeira edición da "Parada Familiar de Xogos Tradicionais", estamos ultimando os preparativos para a edición deste ano, así que ide apuntando!:

Sábado 6 de xuño, no Campo de Fútbol e Local Social da AVV Castelo de Naraío,

de 16:30 a 19:00 h.

Podedes atopar máis información no blog da actividade e seguir a través do mesmo as actualizacións que se vaian producindo: http://paradaxxttsansa.blogspot.com 

FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

O pasado venres 19 de decembro celebrabamos no patio cuberto o noso Festival de Panxoliñas, con pezas cantadas e temas instrumentais interpretados polo alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria.

Facendo clic nas seguintes imaxes poderedes ver as diferentes actuacións que se realizaron. A calidade de imaxe dos vídeos non é moi boa por mor da iluminación, aspecto que esperamos solventar en seguintes edicións.

                              

                    

                                

                   

O MAGOSTO

O pasado venres, alumnado e profesorado de Educación Infantil e Primaria celebramos o Magosto.

Podedes ver o que fixemos no seguinte vídeo (facede clic na imaxe).

CHEGOU O OUTONO AO C.P.I. SAN SADURNIÑO

Aquí tedes un resumo das actividades que se fixeron este outono polos alumnos de infantil e primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut