Este pasado martes, ás 13:15h os alumnos e alumnas do CPI San Sadurniño tiveron a oportunidade de compartir uns minutos con Melina Alonso e con Antonio Cabana, a versión nova e a veterana do corredor de fondo que poderemos ver o próximo domingo na carreira. Foi unha presentación oficial pero máis que nada unha charla distendida na que os alumnos e alumnas de secundaria se interesaron polos logros, retos e anécdotas destes dous persoNaxes tan representativos do deporte Galego.