Skip to Content

LECTURAS COMPARTIDAS

Imaxe de biblioip

Na semana do libro comezamos unha nova actividade:

AS LECTURAS COMPARTIDAS :"OS MAIORES TAMÉN CONTAN"

Os pais, nais, avós, avoas, irmáns ou calquera outro familiar veñen ao colexio a contarlles ao seu fillo (neto, irmán, ...) un conto, unha pequena historia, lerlles algunha poesía, ... Esta actividade facémola na Hora de ler.

Esta semana, para conmemorar o Día do Libro, decidimos realizar esta actividade todos os días.

O luns 23. Ana Belén Breijo, nai de Emma, alumna de quinto, acudiu ao colexio e leunos o libro "A narradora do deserto", de Josep Antoni Fluixá. E para rematar leu un fermoso poema de Celso Emilio Ferreiro.

Para ver as fotos premede enriba da frecha.

 

O martes 24, contamos coa nai do alumno de 4º de E.Infantil Borja Gómez. Susana Mariño entretívonos coa lectura das aventuras de "Garbancito". Despois, axudada por Borja que fixo o conto con ela, leunos a historia de "El viaje de Cocojonti.Aquí tedes un resumo deste día tan especial. O xoves 26, estivo con nós Gloria Pérez, a nai da alumna de primeiro Sofía García, que nos presentou ao poeta venezolano Aquiles Nazoa, que escribiu moitas obras para nenos. Vede o resume da actividade Tamén nos preparou unha pequena guía sobre a vida e obra de Aquiles Nazoa, que podedes ver premendo enriba do cadro.

 

 O venres estivo a nai de Catalina, Mar Rico;coa que xogamos a adiviñar e pasamos un rato ben divertido.

E para rematar esta semana de moitas lecturas compartidas, o luns 30 de abril contamos con dúas contacontos:

Miriam Fernández, que contou a Estela e aos seus compañeiros de terceiro a historia de "O sorriso de Daniela". Queredes ver un resumo?

Liliam Chao, a nai do alumno de terceiro Christopher Geronés, leunos un fragmento do libro "Gerónimo Stilton. Regreso al reino de la fantasía". Aí vai o resumo:

 

 



story | by Dr. Radut