Skip to Content

PROGRAMACIÓN REDUCIDA 2º ESO

 

Materia

Música

Departamento

Música

Profesor/a

Clara Goás Vargas

Curso

2º ESO

Contidos

 

1ª avaliación : O son. A linguaxe da música. Intensidade e velocidade. Ritmo. Os instrumentos.

 

 

2ª avaliación: A voz. A música tradicional. Sistemas de composición. A textura

 

 

 

3ª avaliación: A forma musical. A música na actualidade. A música e as artes: o teatro, a danza e o cine.

 

 

 

 

Criterios avaliación

 

 

 

1.     

Recoñecer auditivamente e determinar a época e a cultura musical á que pertencen distintas pezas escoitadas con anterioridade na aula.

2.     

 Identificar e analizar os componentes básicos dunha obra musical, empregando a linguaxe musical coñecida a través do traballo na aula.

3.     

Ser quen de comunicar axeitadamente e con rigor valoracións persoais sobre as distintas manifestacións musicais coñecidas con anterioridade na aula.

4.     

Utilizar axeitadamente as tecnoloxías do coñecemento á hora de crear ou escoitar unha peza musical.

5.     

Coñecer cómo se desenvolve a interpretación en grupo, ben sexa instrumental, vocal ou de movemento.

6.     

Elaborar axeitadamente un pequeño arranxo musical.

7.     

Ler axeitadamente as grafías musicais con que se escribe unha obra musical.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Metodoloxía e criterios de cualificación e xeito de recuperación

 

   Os métodos a empregar no desenvolvemento das actividades de ensino-aprendizaxe serán variados e flexibles.  A práctica  instrumental, vocal e de movemento será a base  para acceder ós contidos teóricos, de forma que a metodoloxía será activa en gran parte, tentando de este xeito conseguir unha aprendizaxe significativa e aumentar a motivación do alumnado. Tamén realizarán aprendizaxe individualizado mediante fichas sobre contidos teóricos seguindo o propio ritmo.

 

   Os mínimos esixibles para a superación do curso estarán en estreita relación coa  adquisición dos obxectivos xerais da etapa e a consecución das competencias básicas.

    Nun plano máis concreto, cada alumno debe ter unha nota media maior ou igual a 5 entre todas as avaliacións sobre  conceptos, procedementos e actitudes que se realicen durante o curso. En cada unidade didáctica predominará un tipo de contidos, de xeito que a porcentaxe de contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais de cada unidade didáctica variará. A avaliación será a media aritmética entre todas as notas de diferente tipo que estarán recollidas na ficha de cada alumno.

 

Para recuperar en xuño ou setembro debe entregar todas as fichas cumprimentadas de forma axeitada e interpretar unha das últimas obras instrumentais traballadas na aula.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut