Skip to Content

Admisión de alumnado para o curso 2023-2024: solicitude do 1 ao 20 de marzo

O alumnado que desexe acceder ás ensinanzas do CPI de San Sadurniño e que non teña praza reservada(1), debe presentar solicitude de admisión.

(1)O CEIP San Ramón de Moeche é centro adscrito do CPI de San Sadurniño e, polo tanto, o seu alumando ten dereito á reserva de praza, sempre que o solicitara no prazo establecido.

Prazo de solicitude: do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.

Formas de presentar a solicitude:

1. De forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado, identificándose con Certificado Dixital ou Chave365. Manual para as familias.

2. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual presencialmente no centro: a través da aplicación admisionalumnado, ir ao menú "Solicitudes - Admisión - Crear ", cubrir os datos que se solicitan, premer en "Crear e Confirmar", descargar a solicitude, asinala manualmente e presentala na secretaría do CPI de San Sadurniño.

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: descargar os formularios, cubrilos manualmente e presentalos asinados na secretaría do CPI de San Sadurniño, utilizando o formulario ED550B.

Xunto con estes formularios débese presentar a seguinte documentación:

  • DNI do alumno/a e dos membros da unidade familiar (cando non se autorice a súa consulta).
  • Libro de familia.
  • Certificado oficial do expediente académico.
  • Resolución xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se é o caso.

A solicitude de admisión presentada nun centro educativo poderá anularse mediante a presentación dunha nova, indicando expresamente por escrito que quedan sen efecto a/s presentada/s con anterioridade.

Criterios de baremación de solicitudes:

Importante: Cando se presenta a solicitude débense marcar todos os criterios que se pensan alegar no baremo. A documentación acredidativa pedirase máis tarde no caso de ter que baremar, pero os criterios alegados xa non se poderán modificar. Estes criterios veñen recollidos no artigo 9 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, onde se detallan os criterios e a puntuación outorgada a cada un. 

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremación:

So no caso de que houbera maior número de solicitudes que de prazas ofertadas, os solicitantes deberán presentar a documentación de forma presencial na secretaría do centro.

AdxuntoTamaño
ManualDeUsuarioDasFamilias.pdf1.15 MB
ED550B-G.pdf1.38 MB


story | by Dr. Radut