Skip to Content

ENTROIDO 2021 - MANDADOS DO MECO

 

Este curso non podemos saír á rúa como outros anos, pero non imos deixar que a festa falte no noso centro.

                                             O MECO MANDA

LUNS - Comezamos os mandados a fume de carozo. Para este primeiro día trae algo no pescozo.

MARTES - Agora para seguir lentes ou ollos pintados e véndose ben nos pés uns calcaetíns disparatados.

MÉRCORES - Con tanta ventilación vai un frío que mata. Nesta próxima xornada trae da casa a túa bata.

XOVES - Para o día de mañá non hai tempo de tristeza se queres facelo ben pon algo na túa cabeza.

VENRES - por último toca apañarse para poñerme moi contento. Deberedes argallar algo que soe co movemento.



story | by Dr. Radut