Hoxe vivimos unha xornada diferente no colexio. Celebramos o magosto e desta volta xuntamos a todos os rapaces e rapazas de infantil, primaria e secundaria. Non puidemos celebralo fóra pola meteoroloxía, por iso fixémolo no pavillón de deportes municipal e o resultado podemos catalogalo de excelente. O comportamento do alumnado moi modélico e tanto profesorado como alumnado puidemos degustar unhas boas castañas quentiñas co seu vaso de leite. Grazas especialmente ao Concello por traernos tanto castañeiros como castañas e á ducia de voluntarios de ESO que llas pelaron aos nenos e nenas de infantil e 1º prim.
Foi unha bonita mañá que rematou cos de primaria e 1º ESO bailando o peon e para poñer o punto diferente á xornada, no comedor arrincamos coa campaña "UN PAÍS PARA COMELO" dedicado ás comidas rexionais típicas españolas. Empezamos hoxe con Asturias, e qué mellor que unha fabada e un cachopo para entrar en calor nesta fría mañá de novembro.
Parabéns para todos por colaborar...e colaborar ben.
Xuntamos unha escolma de fotos da mañá como testemuña da xornada.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
axudando aos máis pequenos.JPG | 4.35 MB |
todos xuntos no magosto.JPG | 4.28 MB |
visión xeral do pavillón.JPG | 3.48 MB |
magosto en sansa.jpg | 1.45 MB |
axudando aos de 3 anos.JPG | 645.77 KB |
desafiando á chuvia.jpg | 674.58 KB |
os de 6º prim.JPG | 907.71 KB |
os da ESO.JPG | 608.45 KB |