Eventos
Os alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO asistirán a unha charla do Programa "Vacacións con traballo" do Fondo Galego, que terá lugar na casa de cultura.
Os alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO asistirán ó espectáculo "A orixe", espectáculo didáctico de danza moderna e hip-hop que terá lugar na Casa de cultura.
Os alumnos de 1º de ESO farán unha ruta de sendeirismo e visitarán a planta potabilizadora de auga de San Sadurniño.
Os alumnos de 2º e 4º de ESO visitarán as Médulas e Ponferrada.
Os alumnos de ESO participarán xunto cos alumnos de Infantil e Primaria no Magosto que terá lugar no CPI, haberá degustación de leite e castañas. Tamén os alumnos de 1º de ESO participarán nos actos do día do Peón
Os alumnos de 2º de ESO asistirán á charla da Asociación de lesionados medulares na hora de titoría.