Skip to Content

LecturoLiteraturo

Blog da biblioteca

1º premio certame 8 de marzo

 
Dun total de 123 propostas, o xurado integrado por representantes da Xunta, da CRTVG, do Colexio Profesional de Xornalistas e das axencias de publicidade; e presidido pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, acordaron que o alumnado de 1º de EP de Catoira co seu cartaz,  resultase gañador do certame da Xunta para o 8 de marzo.
Título da obra: ” Camiñando en prol da igualdade”
Slogan: Pasiño a pasiño en prol da igualdade.
As pegadas de cores describindo un camiño simbolizan o esforzo, a dedicación e o traballo que tiveron e teñen que facer as mulleres para ter os mesmos dereitos e oportunidades que os homes.
O debuxo da muller coa pancarta é un guiño a todas as mulleres e tamén trata de mostrar a necesidade de darlle máis visibilidade aos referentes feminimos e crear un legado feminino.
É unha maneira de reflexar que é necesario darlle máis VISIBILIDADE aos logros e as aportacións que as mulleres fixeron e fan á sociedade, e que, por desgraza, ás veces quedaron e quedan ocultos.

NORABOA A TODA A CLASE E A SÚA MESTRA!

ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DO SEU TRABALLO!

Recomendacións lectoras nadal

Aquí vos deixamos algunha recomendación para ler nestes días de vacacións!

Recomendacións lectoras de Semana Santa

Achegámosvos as recomendacións lectoras que facemos para que non vos aburrades nestes días de descanso.  

Vémonos prontiño!

Apadriña un lector

Esquencémonos de amosarvos a nosa actividade favorita de Nadal: Apadriña un lector!

Ademais, tamén tivemos o pracer de recibir a visita dos Reis Magos, ir ao teatro ver o espectáculo do CEMUMA e como non... As festas de aula!

Conto "Nuno e Tristán"

Os alumn@s de 1ºB de Educación Primaria estiveron a crear o terrorífico conto "Nuno e Tristán". Atrevédesvos a velo?

Día da Muller

O noso lema este ano... WE CAN DO IT!

Actividades de Nadal

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foron algunhas das actividades levadas a cabo ao longo da última semana antes do Nadal...

Día do Libro

Non coñecemos outro xeito de festexar o Día do Libro sen facer o noso Mercadiño solidario de alimentos!

Aquí vos deixamos unhas imaxes que reflexan os bos sentimentos do noso alumnado e as súas familias hacia os máis necesitados... e como non... de seu interese pola lectura!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut