Dinamización lingüística

Romaría das Letras Galegas

Co motivo da celebración do día das letras galegas, o vindeiro venres 19 de maio, imos organizar unha romaría no centro. Haberá gaiteiros, pandereteiras, xogos populares e o alumnado comerá ao aire libre, nos patios de recreo.

A maiores, ao longo desa semana o alumnado participará en diferentes obradoiros (Cada día participará nun obradoiro).

É por este motivo que o centro convida ese día a comer a todo o alumnado que queira. O menú estará composto por empanada, tortilla e rosca. O alumnado só terá que traer un botellín de auga para a comida. (Por favor, lembrarllo para que o traian). É fundamental e necesario que o alumnado non usuario do comedor que teña pensado comer ese día, informe ás súas titoras ou a direción para que podamos organizar dita comida.

A maiores, recoméndase ao alumnado que veña vestido de galego para darlle colorido á romaría.

Día de Rosalía

Como cada 24 de febreiro centramos as nosas actividades neses días en conmemorar o Día de Rosalía de Castro e sempre saen cousas ben fermosas. 

Día da Paz

Para conmemorar o día escolar da paz fixemos unha morea de actividades nos diferentes niveis educativos. Tamén participamos nun concurso de relatos sobre a paz organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Ollade que cousas tan fermosas...

Entrega de premios Concurso de relatos sobre a Paz

O pasado venres fixemos a entrega de premios do "concurso de relatos sobre a paz".

Estamos moi contentos pola gran participación do alumnado así coma pola calidade dos traballos presentados.

Coma sempre, premiouse aos grupos de maior participación, sendo estes 5°A de primaria e 1°A da ESO, e tamén aos mellores relatos de cada curso:
5°EP: Loaira Tejero Gómez
6°EP: Azeb Touriño Martínez e Antía Barreiro Riveiro
1°ESO: Sara Guimarey Catoira
2°ESO: non se presentou ningún alumno ao concurso, agardamos que para a próxima se animen.
3°ESO: Alba Isorna Felpeto
4°ESO: Raquel García Busto
Parabéns para tod@s @s participantes e en especial para estas pedazo de escritoras!!
Deixámosvos algunhas fotos da xornada.

Letras Galegas 2021: Xela Arias

Este ano non disfrutamos de moitas das actividades típicas no centro para a conmemoración do Día das Letras Galegas. Entre delas por exemplo, a olímpiada literaria. Pero si nos atrevimos co concurso literario e foi todo un éxito! RÉCORD DE PARTICIPACIÓN!

Así que... NORABOA A TOD@S, especialmente aos gañadores e gañadoras!

Festival de cine escolar OLLOBOI

Fai uns días acudimos á entrega de premios do Festival de cine escolar OLLOBOI no que nos fixeron entrega do diploma como finalistas na categoría de videoclip.
Estamos encantad@s por que outro festival importante da nosa comunidade recoñecese a labor que fixemos coa canción Catoira Style. Aproveitamos para felicitar á organización por facer un evento tan fermoso e seguro e aos galardoados porque os traballos eran todos de gran calidade.

Moitas gracias OLLOBOI!

8 de marzo. Día de Rosalía

Este ano engadimos á importancia que xa ten de por sí mesmo este día, a celebración do 1º Premio acadado no Certame da Xunta para o 8 de marzo. 

O pasado venres 5 a mestra de 1º Ana Gómez acompañada da alumna Julia Ferreirós García e do alumno Iker Hernández Lorenzo foron a Santiago á gala de entrega de premios.

O mesmo día 8 tivemos a visita do Xefe Territorial de Educación D. César Pérez Ares acompañado polo Delegado da Xunta en Pontevedra D. Luís López Diéguez e polo Alcalde de Catoira D. Alberto García García. Nesta recepción  que tivo lugar na biblioteca do centro, os tres se amosaron moi agarimosos cos cativos e eles, como era de esperar,  fachendosos do éxito acadado explicáronlle o significado do seu traballo. 

Aquí tedes un resumo do que aconteceu. Son para comelos a bicos!

Día de Rosalía

Aquí vos deixamos algunhas actividades que se levaron a cabo  o 24 de febrerio con motivo do Día de Rosalía.

Ata tivemos a visita da mesmísima Rosalía de Castro, da man de Tero Rodríguez, membra do grupo de teatro Os Quinquilláns e veciña de Catoira.

Powered by Drupal - Design by artinet