O alumnado de TIC de 4º ESO, utilizando diferentes ferramentas dun programa de deseño gráfico, LibreOfficeDraw, creou o seu propio animaliño...
Con todos eles fixemos chapas para o alumnado de educación Infantil do noso centro!
Ofrecéronse a impartir un obradoiro para explicarlle ao alumnado de 6º de Educación Infantil como facer unha ovella...
E debuxaron a súa ovella personalizada!
Finalmente entregamos unha chapa a todas as rapazas e rapaces de Educación Infantil!