Skip to Content

Responder ó comentario

1º premio certame 8 de marzo

 
Dun total de 123 propostas, o xurado integrado por representantes da Xunta, da CRTVG, do Colexio Profesional de Xornalistas e das axencias de publicidade; e presidido pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, acordaron que o alumnado de 1º de EP de Catoira co seu cartaz,  resultase gañador do certame da Xunta para o 8 de marzo.
Título da obra: ” Camiñando en prol da igualdade”
Slogan: Pasiño a pasiño en prol da igualdade.
As pegadas de cores describindo un camiño simbolizan o esforzo, a dedicación e o traballo que tiveron e teñen que facer as mulleres para ter os mesmos dereitos e oportunidades que os homes.
O debuxo da muller coa pancarta é un guiño a todas as mulleres e tamén trata de mostrar a necesidade de darlle máis visibilidade aos referentes feminimos e crear un legado feminino.
É unha maneira de reflexar que é necesario darlle máis VISIBILIDADE aos logros e as aportacións que as mulleres fixeron e fan á sociedade, e que, por desgraza, ás veces quedaron e quedan ocultos.

NORABOA A TODA A CLASE E A SÚA MESTRA!

ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DO SEU TRABALLO!

Responder



by Dr. Radut