Skip to Content


 

Celebracións no Centro

PROGRAMA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Mañá xoves, día 10 de novembro, recuperando a tradición de antes da pandemia celebrarase a festa do Masgosto con xogos e xantar para todos, dentro do horario habitual do centro.

SAMAÍN 2022

O pasado venres, día 28 de outubro, no Centro celebramos a festa do Samaín con moitas actividades nas que se implicou toda a Comunidade Educativa do Centro. 

A continuación un resumo desta celebración e o conto adaptado con voces do alumnado de 6º de E. Primaria, que dramatizaron para os seus compañeiros máis pequenos, alumnado de Infantil, 1º e 2º de E. Primaria.

en

SAMAÍN INFANTIL E PRIMARIA 2022 de Entre estrellas que iluminan

SAMAÍN ESO 2022 de Entre estrellas que iluminan

CONTO ADAPTADO CON VOCES E MÚSICA de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA CELEBRACIÓN SAMAÍN

O vindeiro venres, día 28 de outubro, celebraremos no centro a festa de Samaín con distintas actividades, que se pode ver no seguinte programa, nas que participa toda a comunidade educativa. 

 

PROGRAMA CELEBRACIÓN SAMAÍN de Entre estrellas que iluminan

RECOMENDACIÓNS LECTURAS PARA O SAMAÍN

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) recomendan unha selección de lecturas para a celebración do Samaín por etapas e niveis educativos do centro.

RECOMENDACIÓNS LECTURAS PARA O SAMAÍN de Entre estrellas que iluminan

PREPARANDO O SAMAÍN

Co gallo de ir comezando a preparación para a celebración do Samaín están convocados dous concursos. Animádevos a participar, HAI PREMIO!!

COLOCACIÓN DE BIO-REFUXIOS NO XARDÍN DO CENTRO

O pasado venres día 16 de setembro, dentro do Programa Voz Natura, que se leva a cabo no centro sobre o Fomento da Biodiversidade, o profesor Coordinador Bouzo xunto con dous compañeiros colocaron os Bio-refuxios, creados durante o pasado curso, para o acubillo de morcegos e aves rapaces.

Queda pendente a colocación de Hoteis de Insectos tamén dentro do programa mencionado e desenvolto o curso pasado.

 

FESTA FIN DE CURSO 2021-2022

Este curso, por fin, toda a Comunidade Educativa puido celebrar a festa de fin de curso que por mor da Covid quedará cancelada en xuño do 2020. Grazas ás familias por organizar e a toda a Comunidade por colaborar para que o alumnado puidese gozar dunha fin de curso como se merece. 

A continuación un pequeno resumo desta Festa.

BO VERÁN PARA TODOS E TODAS!!

FESTA FIN DE CURSO de Entre estrellas que iluminan

FESTA FIN DE CURSO

      

FESTA GRADUACIÓN INFANTIL E PRIMARIA 2022

A continuación un resumo da Festa de Graduación de E. Infantil e Primaria, que se celebrou o venres.

Festa Graduación Infantil e Primaria 2022 de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut