Skip to Content


 

Celebracións no Centro

O APALPADOR VISITA O CENTRO

Onte o o alumnado de 6º de E.Primaria realizou dúas representacións da historia do Apalpador dentro do programa de actividade do Nadal, unha para E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria, e outra para 3º, 4º e 5º, contando ademais coa visita especial do Apalpador que baixou dende as montñas do Caurel coa súa cesta de castañas para agasallar ao alumnado. Unha mostra a continuación:


O APALPADOR VISITA MENDE - Kizoa Movie Maker

GAÑADORA CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Este Nadal o concurso de postais estivo dedicado, segundo a ONU, ao vidro, resultando gañadora a postal creada pola alumna Martina Delgado Conde de 2º E. Primaria. Esta postal foi impresa e utilizada como felicitación do Nadal e Aninovo para toda a Comunidade Educativa. BO NADAL E FELIZ ANINOVO PARA TODOS!!

DECORACIÓN DE NADAL NA HORTA E XARDÍN

Coa colaboración do alumnado, as súas familias e o Equipo da Horta xa podemos gozar da decoración de Nadal da nosa Horta e Xardín, hoxe remataron de colocar todas as pezas que o alumnado foi traendo ao longo da semana. Lembrade ir buscando un momentiño para visitalo e facer un Photocall ao rematar, nun simpático mural que pintou un grupo do alumnado e que está na entrada das aulas de 1º e 2º de E. Primaria.

A continuación, como agradecemento ás familias pola súa colaboración, un adianto desta Horta de Nadal. GRAZAS!!


Decoración de Nadal na Horta e Xardín - Kizoa Movie Maker

PROGRAMA NADAL

A partires deste xoves comezan os actos de celebración do Nadal, as titoras poderán baixar co seu grupo para visitar a nosa Horta e xardín decorados con elementos que alumnado e familias crearon, logo para rematar facendo un Photocall no panel creado para esta fin polo Equipo da Horta.

O luns 20 e martes 21 a comunidade educativa disfrutará dos actos que aparecen no seguinte cartel.

A celebrar e pasalo moi ben neste Nadal!!

CELEBRANDO O DÍA INTERNACIONAL DA AMIZADE

O pasado día 19 de novembro ás 12:00 h., algunhas titorías de E.Primaria uníronse á Celebración da Campaña Europea da Amizade 2021, cantando e bailando a canción "Dinamita" de Samantha.

A continuación unha montaxe realizada polas compañeiras do Equipo das Tic.


Campaña Europea pola Amizade - Kizoa Movie Maker

 

PROGRAMA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

CONCURSO POSTAL DE NADAL

CELEBRACIÓN FESTA DO SAMAÍN

Onte levouse a cabo a celebración da festa do Samín no centro, con gran ledicia por parte de toda a comunidade educativa, tentando recuperar a normalidade dentro do proceso de ensino-aprendizaxe.

A continuación un pequeno resumo que se irá ampliando. 

 


SAMAÍN 21 

Samaín 21-continuación - Kizoa Movie Maker

CELEBRANDO SAMAÍN-HALLOWEEN

BENVIDOS AO CURSO 2021-2022

Hoxe deu comezo un novo curso no centro co comezo das clases para as etapas de E. Infantil e Primaria, o próximo mércores xa estará todo o centro a pleno rendemento coa incorporación do alumnado da etapa da ESO.

Despois de dous cursos complicados, este vai ser, xa, unha andaina dende a experiencia da convivencia entre protocolos. 

Co cartel da Horta e o seu espantallo, tema arredor do que xirará o noso proxecto, damos a benvida a este curso, con moitas ganas por descubrir, experimentar, sentir, compartir e medrar para aprender significancia e pertenza.

Ademais lembrar que durante o mes de setembro o horario de clase vai dende as 9:00 h. ata as 13:00 h., para E. Infantil e Primaria, para a ESO será dende as 9:00 h. ata ás 13:30 h. a primeira quenda e ata as 13:55 h. a segunda, por mor das quendas de comedor e o protocolo Covid.

Horario de saída para alumnado non transportado, será para E. Infantil e Primaria ás 13:20 h. e para o alumnado que usa transporte escolar será arredor das 14: 25 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut