Skip to Content


 

Celebracións no Centro

CELEBRACIÓN SEMANA DO LIBRO

Ao longo da semana pasada, co gallo da conmemoración do Día do Libro (23 de abril), leváronse a cabo varias actividades no centro, coa participación de toda a comunidade educativa.

A continuación un resumo:

Semana do libro 2023 de Entre estrellas que iluminan

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2023 de Entre estrellas que iluminan

CONTO NUN KAMISHIBAI INTERETAPAS

 

Parte do alumnado de 2º ESO A realizou unha representación do conto "El gato sol" nun kamishibai (un teatro xaponés do século XII) para unha audiencia moi especial: o alumnado de 2º de E. Primaria. O contacontos foi todo un éxito e neste terceiro trimestre o alumnado de 2º de E. Primaria van ser os encargados de sorprender aos mariores con outro contacontos.
Como gozamos alumnado e profes destas actividades interetapas!

CELEBRACIÓNS PRIMAVERA

Celebrando a Primavera de Entre estrellas que iluminan

CELEBRACIÓN DO 8 M NO CENTRO

CELEBRACIÓN 8 M de Entre estrellas que iluminan

ACTO CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023

O pasado xoves, 23 de febreiro, conmemoramos no Centro o Día de Rosalía de Castro, cun pequeno acto no patio, durante o tempo de lecer do alumnado, e logo continuaron co programa xa polas distintas titorías, intercambio de rosas con poema e photocall rosaliano.

A continuación un pequeno resumo:

23 DE FEBREIRO 2023 ACTO CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA de Entre estrellas que iluminan

SEMANA DE ENTROIDO: LUNS CORREDOIRO, VISITA FELOS DE ESGOS, XOVES DE COMADRES E DESFILE

A semana do 13 ao 17 de febreiro estivo chea de actividades relacionadas co Entroido, Así o Luns celebramos o Domingo Corredoiro, coa participación de Infantil e o 1º Ciclo de primaria, o mércores visita dos Felos de Esgos polas distintas aulas (alumnado da ESO, oriúndo de Esgos, amosando os seus traxes de Entroido e recuperando tradicións) e o xoves as Comadres coa participación de todas as etapas no tempo de lecer, no que as rapazas trataron de esnaquizar as comadres que levaban os rapaces, algúns acadaron salvar a súa para mofa das rapazas, e o venres todos de Desfile ata a pista de atletismo da Universidade, que nola cederon para esta fin.

Este ano a temática do desfile estivo relacionada coa Liña Temática deste curso "Exploramos e coñecemos a nosa contorna".

Así o alumnado disfrazado (traxes elaborados no centro e coa colaboración das familias) de Castrexos por unha banda e Romanos por outra escenificaron o Pacto de Paz, recollido na Tésera conservada en Celanova, para unha boa convivencia no Castro de San Tomé que temos na contorna do Centro e sobre o que leva investigado o alumnado.

Luns Corredoiro, visita Felos Esgos e Comadres de Entre estrellas que iluminan

DESFILE ENTROIDO 2023 de Entre estrellas que iluminan

MANDADIÑOS DOS DRUÍDAS

E para a troula do Entroido continuar, aquí deixamos os mandadiños dos Druídas para a vindeira semana, e coa súa maxia gozar desta nosa festa popular.

MANDADIÑOS DA DRUÍDA de Entre estrellas que iluminan

E XA ARRANCOU O ENTROIDO E A TROULA!!!

Dende o martes 31 de xaneiro no Centro xa comezou a troula para ir preparando o Entroido, así comezaron os máis pequenos co Domingo Fareleiro que para nós transformouse no Luns Papeleiro; este luns, día 6, celebramos o Domingo Oleiro, transformado en Luns Peloteiro, e rematamos a semana co Xoves de Compadres coa correspondente carreira, no tempo de lecer, entre todas as etapas, para salvar ou estragar o Compadre segundo corresponda.

A continuación un pequeno resumo:

No CPI Plurilingüe José García García xa levamos unha semana de troula e entroido de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA ENTROIDO

Programa Entroido de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut