Skip to Content


 

Extraescolares, Celebracións no Centro

FESTA FIN DE CURSO 2021-2022

Este curso, por fin, toda a Comunidade Educativa puido celebrar a festa de fin de curso que por mor da Covid quedará cancelada en xuño do 2020. Grazas ás familias por organizar e a toda a Comunidade por colaborar para que o alumnado puidese gozar dunha fin de curso como se merece. 

A continuación un pequeno resumo desta Festa.

BO VERÁN PARA TODOS E TODAS!!

FESTA FIN DE CURSO de Entre estrellas que iluminan

ÚLTIMAS SAÍDAS DO ALUMNADO DE E. PRIMARIA NO CURSO 2021-2022

O alumnado de 1º, 2º e 3º de E. Primaria visitou a aldea de Lodoselo o pasado 15 de xuño, como remate de curso, onde aprenderon a facer pan, papel reciclado, alimentaron os animais, plantaron unha árbore nos cartóns de leite que decoraron na aula, para logo plantar no monte e coidar, logo deron un paseo en burro pola aldea e remataron cun tempode lecer no parque. Foi un gran día de aprendizaxes e lecer que queda reflectido no seguinte vídeo:

Alumnado de 1º, 2º e 3º de E. Primaria foron de excursión á aldea de lodoselo 15-xuño-2022 de Entre estrellas que iluminan

E por último o alumnado de 5º de E. Primaria decidiu rematar o curso cunha viaxe no tempo pola vila de Ribadavia, onde visitaron o castelo, o barrio xudeo e o museo, rematando con merenda e tempo de lecer na Alameda. Foi un gran día de novos coñecementos e tempo de diversión. A continuación o correspondente resumo:

SAÍDA A RIBADAVIA de Entre estrellas que iluminan

FESTA FIN DE CURSO

      

FESTA GRADUACIÓN INFANTIL E PRIMARIA 2022

A continuación un resumo da Festa de Graduación de E. Infantil e Primaria, que se celebrou o venres.

Festa Graduación Infantil e Primaria 2022 de Entre estrellas que iluminan

SAÍDAS DIDÁCTICAS

Hoxe foi un día de actividades fóra do Centro para o alumnado de 6º de E. Primaria, 1º e 2º da ESO.

Mentres os de 1º da ESO visitaron o Castro de San Cibrán de Las para aprender sobre a cultura castrexa dende o seu museo e a través do Obradoiro "Nun chisco un misto", no que aprenderon a facer lume coma na Prehistoria.

A continuación unha mostra:

VISITA AO CASTRO DE SAN CIBRÁN DE LAS POLO ALUMNADO DE 1º DA ESO de Entre estrellas que iluminan

O alumnado de 6º de E.Primaria e 2º da ESO participaron na actividade, ofertada polo Concello dende o seu Programa Educativo, Bautismo Naútico en Castrelo de Miño coa fin de  fomentar actividades lúdico-didácticas na natureza, ao aire libre, aproveitando os recursos da nosa provincia, así como inculcar o respecto aos demais, o traballo en equipo, valorar o noso patrimonio etnográfico, cultural e natural e a necesidade de conservar o medio ambiente.

A continuación unha mostra desta actividade:

 

BAUTISMO NAÚTICO EN CASTRELO DE MIÑO PARA ALUMNADO DE 6º E. PRIMARIA E 2º DA ESO de Entre estrellas que iluminan

CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS HOMENAXEANDO A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Este luns, 16 de maio, toda a Comunidade Educativa do centro participou das distintas actividades propostas en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.

Así o alumnado de Infantil e Primaria realizou actividades dixitais sobre o autor para logo por niveis pasar polo patio e participar no Escape Room que o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares organizou, con distintas probas para obter o tesouro (puntos de lectura do autor e un contiño en galego para cada membro do alumnado).

Ademais tamén decoraron unha caricatura do autor para entre todos facer un mural colaborativo no patio.

Tamén se gravaron dous programas de Radio Mende sobre o autor, un polo alumnado de primaria e outro da ESO que ademais foron enviados ao concurso de Radio na Biblio nas dúas modalidades correspondentes, sen obter premio. E que se emitirán ao longo da semana. Para escoitar agora só é preciso premer nos arquivos adxuntos.

 

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2022 de Entre estrellas que iluminan

POEMA "QUINCE ANOS" CANTADO de Entre estrellas que iluminan

O ALUMNADO DO CENTRO CANTA COPLAS AO NOSO MAIO NO HORTO

O venres durante a segunda, terceira e cuarta sesión o alumnado do centro cantou coplas á ritmo de pandeireta, gaita e bombo ao maio, realizado por un grupo do alumnado da ESO, dirixidos polos profesores dos departamentos de galego e plástica a semana pasada, nunha actividade de convivencia entre todas as etapas educativas do centro.

O alumnado da ESO, xunto co profesor de Galego, Xulio, dirixiron a actividade, á que se foron sumando cada 15 minutos un curso de Infantil e Primaria, cantando, danzando e aturuxando, co ritmo da música arredor do maio, rememorando as antigas tradicións.

O alumnado canta coplas ao noso maio no horto de Entre estrellas que iluminan

OURENCANTO 2022- ESO

 

Esta fin de semana do 22-23 e 24 de abril celebrouse o certame Ourencanto 2022.

O alumnado da ESO xunto co Departamento de Música estivo disposto a sacrificar os recreos para os ensaios de diferentes cancións coidadosamente seleccionadas. Baixo a dirección artística do director e compositor Josu Elberdin, o alumnado participou no emotivo concerto final deste domingo as 19 horas no Auditorio Municipal de Ourense.

Xunto a outros adolescentes dos centros ourensáns compartimos estas xornadas de canto e convivencia desenroladas no Conservatorio Profesional de Música e no Auditorio. Os participantes recibiron un diploma e unha camiseta que nos recordará estas bonitas horas xuntos.

 

 

 

¡EN CONCERTO!

¡DESPOIS DO TRABALLO BEN FEITO!

PLANTACIÓN ÁRBORES-PROGRAMA VOZ NATURA

O venres 8 de abril, antes de marchar de vacacións, o alumnado de E. Infantil, Primaria e as dúas aulas específicas, levaron a cabo unha plantación de árbores seleccionadas polo profesor Bouzo e coordinador do programa Voz Natura. 

Ademais, a través dunha actividade colaborativa entre departamentos e alumnado (profesor Bouzo, de francés, aportou ideas, profesor Poldras, de plástica, diseñou e debuxou e a alumna Carlota escribiu o texto explicativo) crearon unha ficha para entregar a cada membro do profesorado titor de cada aula, que participou, para completar a actividade.

A continuación unha reportaxe desta actividade, que a pesares dos momentos de choiva todos disfrutaron.

Grazas por esta contribución á mellora da nosa contorna, agora toca coidalas.

Plantación árbores-Programa Voz Natura de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut