Skip to Content


 

Extraescolares, Celebracións no Centro

RESUMO ACTIVIDADE PLÁSTICA: "Plantando árbores con pinceis"

Onte celebrouse no centro unha actividade de pintura (Plantando árbores con pinceis) no centro, ofertada pola Afundación Obra Social Abanca, con monitores que dirixiron a actividade tanto de pintura (fotocatalítica, anticontaminación que absorve o CO2 do ambiente), sobre muro no comedor, coma no obradoiro de pintura de bolsas de tea na Aula de Plástica. 

A continuación unha mostra desta actividade:

ACTIVIDADE PLÁSTICA: Plantando árbores con pinceis de Entre estrellas que iluminan

ACTIVIDADE PLÁSTICA: Plantando árbores con pinceis

Mañá, xoves 17 de novembro, o alumnado de 5º, 6º de E. Primaria, 3º e 4º da ESO participarán nunha actividade Plástica, patrocinada por Afundacion-Obra social Abanca, na que, con axuda de monitores graffiteiros, pintarán unha parede do comedor e un grupo do alumnado da ESO tamén participará na Aula de Plástica dun obradoiro de pintura sobre bolsas de tea.

CELEBRACIÓN MAGOSTO 2022

O pasado xoves, día10 de novembro, celebrouse no centro a festa do Magosto recuperando tradición pre-pandemia, no seguinte vídeo pode verse un resumo desta actividade coa participación de todo o Centro.

 

Celebración Magosto 2022 de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Mañá xoves, día 10 de novembro, recuperando a tradición de antes da pandemia celebrarase a festa do Masgosto con xogos e xantar para todos, dentro do horario habitual do centro.

SAMAÍN 2022

O pasado venres, día 28 de outubro, no Centro celebramos a festa do Samaín con moitas actividades nas que se implicou toda a Comunidade Educativa do Centro. 

A continuación un resumo desta celebración e o conto adaptado con voces do alumnado de 6º de E. Primaria, que dramatizaron para os seus compañeiros máis pequenos, alumnado de Infantil, 1º e 2º de E. Primaria.

en

SAMAÍN INFANTIL E PRIMARIA 2022 de Entre estrellas que iluminan

SAMAÍN ESO 2022 de Entre estrellas que iluminan

CONTO ADAPTADO CON VOCES E MÚSICA de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA CELEBRACIÓN SAMAÍN

O vindeiro venres, día 28 de outubro, celebraremos no centro a festa de Samaín con distintas actividades, que se pode ver no seguinte programa, nas que participa toda a comunidade educativa. 

 

PROGRAMA CELEBRACIÓN SAMAÍN de Entre estrellas que iluminan

RECOMENDACIÓNS LECTURAS PARA O SAMAÍN

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) recomendan unha selección de lecturas para a celebración do Samaín por etapas e niveis educativos do centro.

RECOMENDACIÓNS LECTURAS PARA O SAMAÍN de Entre estrellas que iluminan

PREPARANDO O SAMAÍN

Co gallo de ir comezando a preparación para a celebración do Samaín están convocados dous concursos. Animádevos a participar, HAI PREMIO!!

COLOCACIÓN DE BIO-REFUXIOS NO XARDÍN DO CENTRO

O pasado venres día 16 de setembro, dentro do Programa Voz Natura, que se leva a cabo no centro sobre o Fomento da Biodiversidade, o profesor Coordinador Bouzo xunto con dous compañeiros colocaron os Bio-refuxios, creados durante o pasado curso, para o acubillo de morcegos e aves rapaces.

Queda pendente a colocación de Hoteis de Insectos tamén dentro do programa mencionado e desenvolto o curso pasado.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MARTES E XOVES

Distribuir contido


by Dr. Radut