Hoxe celebramos o día da Paz
Todo o alumnado xuntouse no patio para os actos conmemorativos que consistiron en:
Un poema recitado polo alumnado de infantil
Unha conversa entre dous alumnos de ESO sobre Mahatma Gandhi.
Un poema recitado pola súa autora, unha alumna de ESO
Unha canción interpretada por todo o alumnado de Infantil e Primaria.
A experiencia foi moi positiva, o alumnado participou moi motivado na actividade.