Orientación

Inicio da Escola de Nais e Pais

 

O próximo mércores 18 ás 17:30h comeza a Escola de Pais e Nais deste curso cunha interesantísima charla sobre o Uso responsable dos teléfonos móbiles na rapazada que desenvolverá a asociación Alar Galicia. Abordaranse estratexias útiles para a súa xestión na familia, detección de posibles condutas aditivas e o manexo ante as mesmas.

Non volo perdades!!!

Lembrade que, un ano mais disporemos de servizo de gardería na biblioteca para as vosas fillas e fillos mentres dura a charla.

 

Mencionar tamén que o centro estableceu un convenio coa asociación Alar a través do Programa Morpheo, e que aquelas familias que detecten condutas de risco aditivo ao móbil en fillos ou fillas maiores de 12 anos, poderán solicitar intervención psicolóxica individualizada e gratuita na asociación. A solicitude poderase realizar a través da mediación do centro ou directamente na asociación Alar.

 

 

E por último, coa finalidade de axustarnos o máximo posible aos vosos intereses este curso, podedes cubrir esta breve enquisa, e seleccionar en menos dun minuto e de xeito anónimo as actividades e temáticas que vos interesa que abordemos. Faremos todo o posible por levalas a cabo.

Agardámosvos o vindeiro mércores!

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Esta tarde na escola de nais e pais aprendemos sobre alimentación saudable da man da Nutricionista e divulgadora Ángeles Novo.

Ao longo da charla, trasladounos a importancia de aprender a comer en familia e construír hábitos sostibles no tempo xa dende a infancia, coidando o que comemos e valorando o aporte nutricional de froitas, verduras e legumes. 

Desmontou algún dos grandes mitos e concepcións erróneas que temos sobre a idea de alimentos saudables, como por exemplo o engano dos produtos "cero, cero", "sen azucres engadidos", "desnatados" e "desgrasados" entre outros.

No canto, ensinounos como diferenciar un alimento saudable do que non o é a través do o seu etiquetado para saber realmente o que estamos a escoller.

Dentro de toda a información que podemos atopar na etiqueta, a máis importante é a lista de ingredientes. Lonxe da realidade, o importante non é a táboa nutricional de kcal, ou graxas, e debemos ter coidado á hora de deixarnos levar pola publicidade ou as estratexias comenciais.

Sen dúbida unha charla moi instrutiva coa que puidemos dar un paso máis cara a alimentación saudable en familia.

 

Moitas grazas Ángeles! Moitas grazas familias! 

VISITA DE ANTIGAS ALUMNAS E ALUMNOS AO ALUMNADO DE 4º DE ESO

Hoxe, no marco do Programa de Orientación Académico e Vocacional, Miguel e Bea -antigos alumnos do centro- visitaron ao alumnado de 4º de ESO para compartir a súa experiencia académica e profesional destes últimos anos.

De xeito natural e cercano, conversaron co noso alumnado sobre as dificultades e as oportunidades que lles agardan nas vindeiras etapas, consellos prácticos para afrontar os estudos de Bacharelato e de Grao, e a realidade actual do mundo laboral. 

Esta semana o foco de interese centrábase nos estudos superiores de Grao, e o vindeiro luns poderemos desfrutar da visita de antigos alumnos e alumnas que se formaron na Formación Profesional, e que actualmente traballan na contorna próxima ou continúan os seus estudos.

Moitas grazas Miguel e Bea por compartir o voso tempo e enerxía con nós! Sen dúbida, unha visita alentadora para o alumnado.

Enquisa sobre convivencia escolar

A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES anima a toda a comunidade educativa a cubrir unha enquisa sobre convivencia escolar. Pódese acceder desde este enlace (aquí, a aplicación ha pedirnos a clave que se enviou desde o centro).

O prazo para cubrila remata o 22 de maio. Para máis información sobre esta iniciativa pinche aquí.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE A USC E O PROGRAMA "A PONTE"

 

Esta tarde o alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu unha charla informativa a cargo de Francisco Javier López, un dos promotores e coordinadores durante anos do Proxecto "A Ponte" da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo. Este programa trata de dar a coñecer os estudos de grao (acceso, estructura, bolsas ao estudo), e ademais ofrecer información sobre o contexto investigador, social e cultural do noso Campus.

 

APUNTÁMONOS A NON BEBER

O alumnado de 1º e 2º da ESO recibiu hoxe a segunda sesión formativa do programa Apúntome a non beber pertencente ao Plan Proxecta, e que impartiu novamente o médico Ángel Usero.

Inicialmente lembraron entre todas e todos qué é unha adicción, e os problemas e as contradiccións que o consumo de alcol conleva na nosa sociedade. Aspectos que tamén estiveron a traballar previamente nas sesións de titoría da man dos seus titores.

Na xornada de hoxe, abordáronse as estratexias que emprega a publicidade para promover o consumo de alcol, e a importancia de estar advertidos de cómo empregan valores positivos ou vinculados ao éxito ou ao deporte, para asocialos ás bebidas alcólicas e relativizar o seu consumo.

Finalmente, Ángel Usero deulles pautas sobre como desenvolver o proxecto final de aula, no que deberán deseñar baixo soporte libre -cartel, radio, web...- unha campaña contrapublicitaria sobre as bebidas alcólicas ou enerxéticas.

Tódolos centros participantes da comunidade poderán optar a un premio á mellor CAMPAÑA DE CONTRAPUBLICIDADE que consistirá nun día no parque acuático de Cerceda.

Mans á obra rapazada!! Ese premio pode ser voso!!

E a finais do mes de maio, Ángel Usero impartirá unha charla específica para familias na que se abordará a prevención do consumo de alcol en adolescentes e doutros consumos de risco vinculados ao alcol. Avisarémosvos cando esté fixada unha data.

 

FAMILIAS E PROFESORADO REFLEXIONAMOS SOBRE O PAPEL DA ESCOLA DA MAN DE NÉLIDA ZAITEGI

Que presente e que futuro queremos?

Como podemos axudarnos os diferentes axentes educativos implicados no desenvolvemento das nenas e nenos?

Cómo xestionamos entre todas e todos os conflictos?

Como os convertemos nunha oportunidade de aprendizaxe? 

Velaí so algunha das interesantes preguntas e refexións que se abordaron onte na Escola de pais e nais Barallando Xunt@s, e á que asistiron tamén docentes do centro. 

Unha sesión distendida e intensa na que, da man de Nélida Zaitegi, os participantes puidemos compartir pareceres sobre o futuro cara o que queremos vote andar a nosa escola, e comezamos a poñer en práctica a intelixencia colectiva, a colaboración e a corresponsabilidade na crianza e educación dos pícaros.  

 

Moitas grazas a todas por vir e compartir! E graciñas Nélida, por impulsar en nós oportunidades para a aprendizaxe!

E para quen non puidéstes asistir aquí vos queda un resume dos contidos abordados

 

Vémonos no próximo encontro! 

 

RISCOS DE INTERNET. CIBERSEGURIDADE E ADICIÓN AOS VIDEOXOGOS

O martes continuaron as charlas do Plan Director para a Convivencia e a Seguridade que tiñamos programadas para este curso.

Plan Director para la convivencia y la mejora de la seguridad en los  centros educativos y en sus entornos para el curso 2022/2023 | Consellería  de Cultura, Educación y Universidad

 

Desta volta Ramón Peña falou co alumnado de 5º e 6º de EP sobre os Riscos de Internet, os usos adecuados e inadecuados que se fan das novas tecnoloxías, especialmente nos programas de mensaxería (tipo Whatsapp), explicou as normas básicas de autoprotección e prevención, identificación de perigos na rede e consellos que deben terse presentes como usuarios de redes sociais.

Con 1º e 2º de ESO, abordáronse contidos similares sobre Ciberseguridade, pero profundizando mais nos problemas e delitos vinculados coa suplantación de identidade, difusión de datos pesoais, estafas e importancia da configuración axeitada dos terminais móbiles en relación á protección do usuario. 

E finalmente, tamén con 1º e 2º abordouse estensamente a problemática da Adicción aos videoxogos na adolescencia, como identificar a diferencia entre uso e abuso, os modelos de negocio da industria do videoxogo (Freemiun) e como e onde pedir axuda.

 

NÉLIDA ZAITEGI NA ESCOLA DE NAIS E PAIS BARALLANDO XUNT@S

O vindeiro martes 21 de marzo ás 17.30 horas teremos o privilexio de ter con nós en Barallando xunt@s, a Nélida Zaitegi, recoñecida mestra e pedagoga promotora da convivencia positiva nos centros, a coeducación e a igualdade.

A súa extensa traxectoria profesional (docencia, formación docente, dirección de centros, inspectora, Presidenta do Consello Escolar de Euscadi, autora de numeros libros sobre convivencia e avaliación, vicepresidenta da asociación CONVIVES...) a converte nun referente estatal sobre Convivencia e Educación, e ainda que actualmente está xubilada, segue a compartir con familias e docentes a inquedanza pola construcción de comunidades educativas fortes, dispostas a afrontar os retos da sociedade actual.

Falará con nós sobre a ética dos coidados e a creacion de redes de axuda familiar.

Non volo podedes perder! Vémonos! 

 

 

Descarga aquí a imaxe se non podes vela correctamente

 

Máis info sobre Nélida Zaitegi:

Vídeo "Educación para a convivencia e a resolución de conflitos". BBVA Aprendemos juntos

Traxectoria profesional e obras

 

Powered by Drupal - Design by artinet