Edu-Saúde

AVIMÓS VEU AO COLE

No cole recibimos a visita de Avimos e disfrutamos dos pitiños.

TRABALLAMOS O OUTONO EN SEGUNDO DE PRIMARIA

O alumnado de 2º realizou polo San Miguel unha lectura que derivou nun traballo global de lectura, debuxo da comprensión lectora e investigación de receitas da época do outono.

APADRIÑAMENTOS NA HORTA

Falando coa profe Mónica de Secundaria, decidimos facer unha actividade conxunta co seu alumnado de 3º ESO. Foron uns apadriñamentos na horta, na que o alumnado de ESO, tiña que axudar ó alumnado de 5º Ed. Infantil a limpar as parcelas e os arredores para poder sementar nos vindeiros días. E os de 4 anos axudaron ós da ESO a plantar uns tomates e pementos na súa horta. Un traballo cooperativo entre etapas, do que aprenden uns de outros. Outro reto máis conseguido no CPI DE CASTROVERDE

CHARLA SOBRE CELIAQUÍA

O xoves 25 de abril celebrouse unha charla no salón de actos sobre a enfermidade celíaca, os seus síntomas, problemas que acarrea, orixe, tratamento, etc.

A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO

O alumnado de 6 de E.I. realizou diferentes actividades relacionadas  coa promoción da saúde, principalmente relacionadas coa adquisición de hábitos de vida saudables (Choiva de ideas, lectura de contos, taller de cociña,control de peso, xogos motores).

Distribuir contenido