Edu-Saúde

ANDAINA-CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Con esta actividade pretendemos recaudar fondos para loitar contra a leucemia infantil así como concienciar das bondades do exercicio físico e reforzar os valores positivos que deben estar presentes en calquera actividade.

VISITA DAS XOGADORAS DO ENSINO LUGO

O luns 20 de novembro recibimos a visita de Ceci Mahute e Bea Sánchez, xogadoras do Ensino Lugo de baloncesto,  e pasamos un momento moi agradable falando do traballo destas fabulosas deportistas, do seu día a día, os seus estudos, etc. Aconselláronnos estudar, alimentarnos ben, descansar e facer deporte. E convidáronnos a ir a un dos seus partidos coas nosas familias.

TRABALLAMOS CON PERIÓDICOS

Hoxe, 15 de novembro,  recibimos na nosa aula a Pili e a Marisa do Concello de Castroverde. Elas viñeron a entregar ó cole xornais de El Progreso porque se celebra este días a semana Internacional da Reducción de Residuos.  Puxémonos a ler o xornal con elas, e atopamos unha noticia que nos chamou a atención.

 

Falaba dos beneficios que nos proporciona comer peixe e hoxe por casualidade temos salmón no comedor.

Entón vimos que o peixe e bo para o corazón, que nos da ánimo, que ten vitamina D, A, C, B1, B5 ,...

Que nos aporta os minerais e as proteinas necesarias para o noso crecemento e sobre todo.... QUE ESTÁ MOI BO!!

ACHEGAMENTO Á CULTURA DA INDIA NA CLASE DE LINGUA INGLESA (Yoga)

O alumnado de 5º e 6º de primaria achegouse un pouco máis á cultura india grazas a Ritu, a auxiliar de conversa, que impartiu unha clase de yoga en inglés. De paso aproveitaron para recordar palabras e expresións relacionadas co esquema corporal e o movemento. A fase final de meditación tivo un efecto moi relaxante en todos os participantes.

 

PROGRAMA EDU-SAÚDE

O centro como dinamizador de hábitos de vida saudables. (EDUsaúde)

O benestar físico e emocional do alumnado é decisivo para a consecución dunha aprendizaxe efectiva. Dispor dunha información fundada sobre a saúde permite, ademais, contar cun xuízo válido para tomar decisións responsables sobre o coidado da propia saúde, a prevención de enfermidades ou a mellora da calidade de vida. Os centros educativos son institucións vitais para contribuír ao benestar físico e alimentario, polo que cómpre impulsar tanto a actividade física como os hábitos alimentarios ligados a unha vida saudable para que poidan ser mantidos ao longo da vida.

Distribuir contenido