Contrato-Programa, CP-INCLÚE, CP-INNOVA

ACOLLIDA A UN NOVO ALUMNO EN SEGUNDO DE PRIMARIA

Este curso no segundo trimestre incorporáronse á nosa clase dous nenos procedentes doutra cidade e doutro país. Preparamos unha serie de actividades para recibir a estes nenos.

  • Actividade de presentación. Realizamos unhas fichas de xeito individual nas que aportamos datos personais: nome, idade, gustos....
  • Traballamos a empatía con diferentes actividades.:

 

Comentamos o que ocorre no conto e facemos unha “nube de palabras” relacionadas coas emocións que nos transmite este conto. Situamos no centro a palabra “empatía”, que previamente xa traballaramos con motivo do día da Paz, e coñecemos o seu valor e importancia.

 

Lectura do conto “El León y el pájaro.” Marianne Dubuc.

“ Potaxe da amizade”. Para realizar esta actividade primeiro eleximos que palabras definen para nós a amizade, metémolas nun pote e desa mistura nace a amizade.

A AMIZADE

Este curso en 2º de primaria recibimos a dous compañeiros novos procedentes doutro cole e doutro país. Estabamos moi emocionados, pois facíanos ilusión coñecer novos compañeiros.

Para facer unha boa acollida a estes novos nenos, traballamos o valor da amizade, a importancia de aceptar...

Lemos o libro “El león y el pájaro” de Marianne Dubuc, donde vimos a amizade que xurde entre un paxaro e un león, parece raro!, e fixemos un mural con valores ( confianza, tolerancia,dedicación...) que nos parecen necesarios para poder cultivar a amizade.

 

 

TRABALLANDO A IGUALDADE DE XÉNERO EN SEGUNDO DE PRIMARIA

En 2º de primaria, este curso para conmemorar o 25 de novembro o día sobre a Igualdade de Xénero, lemos o conto “Rosa Caramelo” de Adela Turín e Nella Busnia. Despois de comentalo e reflexionar na clase sobre, decidimos facer un par de murais coas ideas que sacamos desta lectura.

 

Centrámonos nos xogos, estamos nunha idade na que o xogo e un piar moi importante para nós... Coa pregunta “ Xoguetes sexistas?”, iniciamos un debate na clase:

  • Hai xoguetes/xogos exclusivos para nenos e xoguetes exclusivos para nenas?

Como así recollemos no mural, tod@s podemos xogar ao queiramos e cos xoguetes que queiramos independentemente de se neno ou nena.

Distribuir contenido