Comunidades de Aprendizaxe

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA: O DIARIO DE ANA FRANK

O día 31 de xaneiro de 2019 tivo lugar unha Tertulia Dialóxica sobre unha selección de textos do diario de Ana Frank. A tertulia estivo coordinada pola profesora Nanda Suárez Méndez

ANGEL CARRACEDO NO CPI DE CASTROVERDE

O CPI de Castroverde ten a honra de recibir ó gran científico Ángel Carracedo o día 25 de maio de 2017. Na actualidade dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS) e o Centro Nacional de Xenotipado (Universidade de Santiago), centros que colocou xunto co seu equipo na vangarda mundial da investigación xenética. Ángel Carracedo recibiu o Premio Rei Xaime I, outorgado por un xurado de premios Nobel, ou a Medalla de Ouro de Galicia; foi presidente da Sociedade Internacional de Xenética Forense e é vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal. É catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela e participou en investigacións de calado internacional como o Proxecto do Xenoma Humano. 

 

Ángel Carracedo é recoñecido, ademais de polo seu percorrido profesional, pola súa visión humanizada da ciencia e o seu compromiso coa divulgación científica.

As actividades que realizará no CPI de Castroverde son as seguintes:

 

O CPI de Castroverde agradece a Ángel Carracedo o esforzo de desprazarse ata Castroverde e de realizar tantas actividades que sabemos que son insustituibles na formación do noso alumnado e que como é habitual realiza de forma totalmente desinteresada.

ACTIVIDADES EDUCATIVAS CON JORGE MIRA NO CPI DE CASTROVERDE

O 11 de maio de 2016 Jorge Mira estivo desenvolvendo diferentes actividades educativas no CPI de Castroverde.

Durante a mañá os alumnos de primaria e secundaria formuláronlle preguntas sobre o seu segundo libro " ¿A que altura está o ceo?". A continuación os alumnos e alumnas de secundaria realizaron cálculos mentais rápidos e resolveron problemas de física e matemáticas. Despois tivo lugar unha conferencia sobre a teoría da relatividade.

Na sesión de tarde os docentes do centro asistiron a unha interesante sesión de formación.

 

TERTULIA MUSICAL

 

O día  26 de maio de 2015 celebrouse a Tertulia musical sobre tres  composicións:

J. S. Bach 1685-1750,  Sonata para flauta e clave en Do Maior BWV 1033, Andante/Presto,Allegro, Adagio, Minueto 1 e 2.

Jules Massenet 1842-1912, Meditación de Thais(Versión de Itzhak Perlman).

Ennio Morricone, Gabriel´s Oboe.

A Tertulia comezou coa maxistral interpretación destas obras por parte de Cándido Díaz Muela coa flauta. Foi moi agradable compartir e dialogar  en igualdade sobre as diferentes sensacións que nos produciron cada unha das pezas e sobre os autores. Os vídeos que visulaizaron previamente á Tertulia os asistentes axudaron a comprender a afondar no coñecemnto das circunstancias que rodearon a cada compositor.

Todos e todas aprendemos moito, todos e todas aportaron moito pero queremos agradecer as intervencións de Cándido Díaz. 

 

 

Distribuir contenido