Comunidades de Aprendizaxe

TERTULIA CIENTÍFICA DIALÓXICA: CURIOSIDADES SOBRE O ELECTRÓN

O 26 de outubro de 2022 a partir das 17:30 horas terá lugar unha tertulia dialóxica científica sobre o electrón. O texto da tertulia, sobre 5 curiosidades sobre o electrón, está no seguinte enlace:

https://javierguerreroruano.blogspot.com/2022/09/el-electron-10-curiosidades-que-no-te.html?m=1

As persoas que desexen participar na tertulia deberán conectarse a través de Webex co seguinte número  844560333.

As persoas que o desexen poden solicitar unha copia en papel no centro educativo.

(Actividade de excelencia)

APROVEITAMENTO SOSTIBLE DO MONTE

O 2 de maio Mario Outeiro falounos sobre o aproveitamento sostible do monte.

DE ALMUDENA GRANDES A XULIO VERNE

Hoxe tivo lugar o faladoiro de literatura francoespañola "de Almudena Grandes a Xulio Verne" co alumnado de 3 ESO.

A tertulia foi habilmente orquestrada pola profesora de lingua castelá e segundada polas profesoras de galego e de francés. 

Quedamos abraiadas pola alta participación dos rapaces e rapazas: o faladoiro xenerou intercambios apaixonados ata tal punto que elixir os gañadores vai ser moi difícil. 

 

Comprobamos hoxe máis que nunca que os debates literarios son fundamentais para a apertura da mente. Estes eventos axudan ao desenvolvemento da expresión oral e reforzan a autoestima. De paso, os participantes aprenden a respectar as quendas de palabra. 

Vólvense máis seguros e atrévense cada vez máis a expoñer e a compartir a súa opiñión. 

 

Hoxe vimos de que xeito van adquirindo tod@s soltura na elocuencia e incluso chegan a debater cun agudo sentido do humor.

FALADOIRO DE LITERATURA FRANCESA E ESPAÑOLA

 

A raíz do faladoiro sobre Almudena Grandes do día 2 de febreiro, descubrimos que Almudena Grandes escribiu o libro "o lector de julio Verne".  Nesa obra Almuden Grandes fai unha marabillosa publicidade do autor francés. 

Xa que o departamento de francés está a facer o intercambio do programa internacional Galimiens (entre Galicia e a cidade de Amiens en Francia)  interésanos moito: Julio Verne viviu en Amiens ata a súa morte. 

Polo tanto, o  11 de marzo o alumnado de 3° ESO vai participar no faladoiro "de Almudena Grandes a Julio Verne". 

Os 3 rapaces que fagan as mellores achegas durante a tertulia van gañar un pase para unha viaxe virtual en globo con gafas 3 D (lembramos que Julio Verne escribiu o libro "5 semanas en globo")!

Moita sorte a tod@s!

TERTULIA SOBRE FRAGMENTOS DA OBRA DE CARMEN DE BURGOS

Entre os actos conmemorativos do 8 de Marzo, día da muller, inclúese a realización dunha tertulia dialóxica con todos os grupos de secundaria a través de webex (844320341) no horario de tarde (15:25 - 14:15). O texto é unha escolma de fragmentos do libro de Carmen de Burgos "A muller moderna e os seus dereitos" de 1927, traducidos ao galego polo profesorado do centro. Pódese descargar no arquivo adxunto.

Distribuir contenido