Centro plurilingüe e auxiliar de conversa

PREMIOS HALLOWEEN 2021!

Xa temos as gañadoras e gañador dos premios Halloween 2021!!
 *1° premio:* 
Ceibe Gil  Fernández-Coronado de 2° de ESO
 *2° premio:* 
Noelia López Comuñas, 4° ESO.
 *3° premio* : 
Adrián López Villarino,1°ESO
 Ademais o alumnado participante recibiu este ano como agasallo unha cabaciña rechea de caramelos. Non podían faltar unha  "pumpkin with candies"nun auténtico Halloween.

 

Noraboa as gañadoras e gañador!

HALLOWEEN 2021

 
E chegou o día esperado donde agradecemos a todo o alumnado ,tanto de Primaria como de Secundaria a súa incrible participación nos nosos concursos de  "HALLOWEEN CAULDRON" e "ART PUMPKINS".
O departamento e equipo docente tanto de Primaria como da ESO diseñaron e programaron estas actividades en conxunto respetando o auténtico concepto dun centro integrado compartindo proxectos que contribúen á eficacia e coherencia do programa plurilingüe do noso centro. O espíritu festivo invadiu o noso centro a semana previa ao Halloween, como se pode comprobar no enlace ás fotos.
Noraboa a tódalas e tódolos participantes. O vindeiro día 10 saberemos os resultados dos premios en secundaria.
Ánimo e bo Halloween!!!

ENGLISH SQUARE AT LAST!

Por fin volvemos disfrutar de novo do noso "ENGLISH SQUARE".

Tras case un ano e medio de parón con esta actividade por motivos de seguridade e protocolo Covid, empezamos a ver a luz volvendo a panelar os nosos muros didácticos. A idea de English Square naceu fai máis de 8 anos como un proxecto dinámico de clase onde os taboleiros non foran meramente expositivos, senón que o alumnado participase activa, creativa e dinamicamente a través deles. Deseñan materiais e resolven retos semanais onde a memoria, a investigación e as probas de velocidade contribúen a mellorar de xeito lúdico e dinámico a súa competencia na lingua inglesa. Forma parte dunha de tantas actividades que amparan o proxecto plurilingüe do CPIP de Castroverde.

Cada semana observamos o interese do alumnado por desplegar a lengüeta do sobre "DID YOU KNOW...?" que agocha o reto semanal.

E ti... estás preparado para o que aparecerá esta semana? Só hai unha pista. É un reto matemático. Aí queda a intriga...

HALLOWEEN IS COMING

Halloween está a piques de chegar!!! Anímate e participa nas actividades propostas polos departamentos de inglés tanto de primaria como de secundaria. Premios e sorpresas que te agardan se tes imaxinación e creatividade. Feliz próximo Halloween!!!

NOAH IS BACK

Un curso máis contamos coa presencia dun auxiliar de conversa norteamericano, que ademais repite estancia no noso centro. Estamos encantados de que volva con nós e así o demostramos coas palabras que lle escribimos para recibilo.

Distribuir contenido