Centro plurilingüe e auxiliar de conversa

ENGLISH CARNIVAL: OUR QUEEN'S GUARD

O departamento de inglés xunto co de Plástica e próximamente o de TIC colaboraron nun novo proxecto que contribuíu a amenizar o noso entroido con divertidos photocall de alumnado e profesorado.

O noso garda real flanquea a entrada do noso hall, biblioteca e comedor escolar.Estade atentas e atentos porque non deixará de mandarvos mensaxes ó longo do curso escolar.

Próximamente terá lugar a última fase do proxecto coa elección do seu nome a través  dun formulario de  Google co que reforzaremos destrezas TIC que habilitan ó alumnado en  técnicas  que lles serán  de gran utilidade para o resto das áreas.

Os traballos multidisciplinares como o que nos atopamos, que engloban distintas áreas como a educación Plástica,as TIC  e a lingua inglesa  son indispensables na formación  integral do noso alumnado.Se ó mesmo tempo resultan divertidas o éxito está asegurado.

Animámosvos a disfrutalo!!.

 

Enjoy your English Queen's guard !!!

ST VALENTINE'S DAY IN CASTROVERDE

Unha celebración  na que o alumnado de *inglés* de 1° ciclo de ESO  traballou  non só contidos propiamente lingüísticos senón que     nos sumerximos en aspectos emocionais de vital importancia para os nosos e nosas adolescentes  afondando nas distintas características  que debe ter unha relación  sana e desbotando certos mitos do malentendido  como amor romántico.

Vocabulario, estructuras gramaticais, modismos e unha carga de formación  emocional tan importante como necesaria nestas etapas da mocedade.

Decoramos as escaleiras con lemas que deben rexir un amor san, adornamos o noso garda  real con frases adicadas ós nosos seres queridos, recitamos un soneto de Shakespeare,  visualizamos trailers de "rom com"(romantic comedies) e xogamos con un kahoot sobre o centro de interese para afianzar todos e cada un dos contidos aludidos. 

Colaborou neste proxecto *Noah Gordon* acercándonos de novo á cultura estadounidense para ver de cerca como celebran dous importante eventos de febreiro: Valentine's Day and Groundhog Day. A súa participación  e interese preparando material lúdico  desperta a euforia e entusiasmo do alumnado.

Deixamos testimuña de día adicado ó AMOR...en maiúsculas.

 

 Happy St Valentine!

ENGLISH PEACE SCHOOL DAY

Tras dúas intensas semanas rematamos un novo proxecto donde colaborou estreitamente o equipo de inglés de Primaria xunto co departamento de Secundaria.

O alumnado participou en cada unha das diferentes etapas do proxecto interdisciplinar  donde contamos co apoio da área de Plástica, plurilingüe no noso centro.

Foi un traballo intenso e laborioso pero altamente satisfactorio nos resultados.

Nas fotos podemos observar a secuenciación do proxecto nas suas diferentes etapas que foron dende a selección da actividade, o deseño da base da maqueta  e o recheo de plumas multicolores (símbolo da diversidade)donde cada un dos nosos alumnos e alumnas recolleron en *inglés* a palabra que para eles e elas mellor definía esta celebración.

O resultado, un fantástico photocall para decorar a  entrada da nosa biblioteca escolar.

Non te perderás se segues a bandada de pombas mensaxeiras.

E ti? Fixeche a túa foto como un auténtico representante  da paz?

Contacta coa túa profesora de inglés e consigue este recordo!!

Go for it!!!

WORKING WITH ENGLISH NEWSPAPERS

O departamento de inglés  de secundaria xunto co equipo de primaria colaboran nun dos plans de centro que axuda a dinamizar a biblioteca do nosa escola.

O alumnado analiza as  distintas seccións dun periódico  e selecciona noticias semanais. Aproveitamos o noso ENGLISH PAPER para traballar aquellas seccións mais atractivas como a noticia da semana, o chiste semanal ou curiosidades que contribuen a mellorar a competencia lingüística  do noso alumnado na lingua inglesa.

Probache a repetir a curiosidade da semana? É un auténtico  trabalinguas!

 

Cheers!!!!

A TOUR IN LONDON

Viaxamos nunha nova aventura co noso ENGLISH SQUARE descubrindo aqueles monumentos e símbolos máis característicos  dunha das cidades máis  atractivas e emblemáticas  do mundo, Londres.

Un paseo polo Thames river que nos amosa desde o impresionante LONDON EYE, a fascinante TATE modern , o milenario TOWER BRIDGE ou a grandiosidade das HOUSES OF PARLIAMENT, WESTMISTER ou BUCKINGHAN PALACE entre outros. 

O sentido lúdico e didáctico  secuenciou a actividade en varias etapas que foron dende o visionado dun vídeo-tour recollendo información e a asociación  de nomes cos símbolos e monumentos ata a descripción  dos mesmos para poder identificalos aplicando a inducción de ideas e a memoria.

Queda pendente a viaxe real co alumnado que non parou de insistir no desexo de descubrir e visitar esta maravillosa cidade cando a situación  sanitaria mundial no lo permita.Pero chegará,prometido!!

 

Nos vemos tomando un BRUNCH en CANDEM?Soñemos xuntas e xuntos mentras!!

Distribuir contenido