Xerais do centro

Actividades do centro

CHARLAS DE XURXO MARIÑO

O 2 de maio de 2012, no  CPI de Castroverde,  a partir das 12:20 horas,  tivemos dúas actividades de divulgación científica nas que contamos  con D. Xurxo Mariño Alfonso, doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC, profesor da Universidade da Coruña, neurocientífico  e excelente divulgador. Xurxo Mariño é  membro do grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade de A Coruña (Neurocom). Traballou no Massachusetts Institute of Technology (Estados Unidos), máis coñecido como o MIT, un dos máis importantes laboratorios de ciencia do mundo.  Recibiu o Premio Especial do xurado  no  certame de Comunicación Científica da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).  Participou no programa de divulgación científica da  Televisión de Galicia "Conexións". Ten importantes publicacións.  É o  autor  de artigos e  libros de divulgación ós que se pode acceder libremente desde Internet. Concretamente as conferencias tratarán sobre temas dos seus libros "Os dados do reloxeiro" e "Po de estrelas" que que leron previamente os alumnos e alumnas.
     Estes actos estiveron abertos ás familias e a todas as persoas interesadas. Do CPI de Castroverde asistiron os alumnos e alumnas  de 3º de primaria a 6º  de primaria (primeira conferencia) e de  1º a 4º de ESO  (segunda conferencia):
* 12:20 a 13:10: Conferencia "O cerebro funciona con electricidade!" (3º,4º,5º,6º EP)
* 13:10 a 13:20: Formulación de cuestións por parte dos asistentes á primeira conferencia.
* 13:25 a 14:15  Conferencia  "Unha viaxe ao funcionamento da mente" (1º,2º,3º e 4º de ESO)
* 14:15 a 14:25 Formulación de cuestións por parte dos asistentes á primeira conferencia.
Esta actividade axudounos a comprender mellor o noso corpo e a nosa mente. 
CONFERENCIA

SEMANA DOS CONTOS

Do 26 ao 30 de abril calebrouse a semana dos contos no CPI de Castroverde. Cada gupo de alumnos representou ou presentou un conto a outra clase ou clases. Tamén tivemos a visita dunha nai de Educación Infantil que fixo de contacontos para toda a etapa. Estes son os enlaces aos vídeos e ás fotos.

Conto da nai

Dona Carme

O coelliño branco

O gato con botas

Carapuchiña vermella

Cisenta

Carrapeto

O galo Kiriko (6º)

Miscelánea de contos

O galo Kiriko (2º de ESO)

O mago de Oz

Os verdadeiros amigos

A avoa viaxeira

Hansel e Gretel

ler e importante

FOTOS

VISITA DE BALDOMERO PESTANA AO CPI DE CASTROVERDE

O 16 de marzo de 2012 recibimos a visita do pintor e fotógrafo Baldomero Pestana. Por este motivo organizamos unha exposición á entrada da biblioteca con elementos que figuran nos seus cadros e debuxos e con traballos que fixemos nós, tomando como punto de partida a súa obra pictórica: trípticos, contos, composicións plásticas con diferentes técnicas, propostas de títulos para algunhas das súas obras...

Cando Baldomero chegou acompañámolo a ver a exposición e atopouse na biblioteca cunha representación dun dos seus cadros. Os nenos e nenas de Primaria fixémoslle preguntas e ensinámoslle os nosos traballos. Seguidamente asistimos con el a unha teatralización que integraba varios dos seus cadros. Posteriormente algúns rapaces de ESO leron varios dos contos que escribiron a inspirados nas súas obras.

Baldo mostrouse sempre moi afable con nós e sentímonos moi a gusto con el, vendo que é unha persoa moi sercana coa que é moi doado comunicarse. Uns días despois recibimos esta mensaxe del, que nos gustou moito:

MI AGRADECIMIENTO
A LA SEÑORA DIRECTORA
MAESTRAS Y MAESTROS
PROFESORAS Y PROFESORES
ALUMNAS Y ALUMNOS…
¿Cómo expresar la impresión que ha dejado en mi espíritu esa jornada del 16 de marzo de 2012?
Cuantas veces al exponer mis dibujos en ciudades alejadas de mi lugar de nacimiento, pensaba en la agradable aventura que había sido mi vida a partir de mis 4 años emigrando a Buenos Aires…
Pensaba también de como me gustaría que me conocieran en mi tierra tan poco vivida. Recién a mis 90 años, se cerro el circulo de esa aventura.
¿Podía yo imaginarme vuestro homenaje? Sin mi presencia física, con solo las imágenes de mis dibujos, haber hecho todo lo que han hecho, con tanto entusiasmo y tanto cariño. No, imposible de imaginar…
Como olvidar tantos rostros juveniles haciéndome preguntas, algunas tímidas, otras directas. La lecturas de sus relatos que continúo a disfrutar en mi domicilio, en los cuales se puede adivinar futuros periodistas o escritoras…
Y la representación de los mayores, sin rostros como en los dibujos, con el prisionero supuestamente sufriendo, otorgándole la palabra a los personajes de los cuales guardo testimonio escrito. No olvido a la joven que comía las uvas que tenían el aspecto de ser muy ricas…
Para los pequeños : Un cariñoso recuerdo.
Solo me queda decirles a todos, reiterando mi agradecimiento por tan emotivo homenaje: Muchisimas gracias…
Baldomero Pestana

Distribuir contenido