Revista D Todo 2021/2022

Xa está publicado o último número da revista escolar do CPI Castro Baxoi!  

Traballos varios da ESO

Publicamos algúns traballos realizados recentemente:

- Escribimos, 1º da ESO, Departamento de Lingua Galega:

(pincha na imaxe para abrilo)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

- Rosalía de Castro, 1º da ESO:

- Traballo de Plástica, 1º da ESO:

- Traballo de Plástica, 3º e 4º da ESO:

Listaxe material e libros de texto curso 2022/2023

Na seguinte ligazón pode consultar a listaxe de material e libros de texto do curso 2022/2023.

Material e libros de texto.

Impresos matrícula curso 2022/23

Prema na etapa educativa correspondente para acceder ao impreso de matrícula para o curso 2022/23.

Educación Infantil

Educación Primaria

Educación Secundaria Obrigatoria

Reunión alumnado e familias 4º Infantil curso 2022/23

O vindeiro xoves, 16 de xuño, ás 11:00, celebraremos unha reunión coas familias e o alumnado de nova incorporación en 4º de Educación Infantil (3 anos) no curso 2022/23.

Solicitude fondo solidario de libros, axuda para a adquisión de libros e de material

Aberto o prazo para a solicitude do fondo solidario de libros e axudas para a adquisión de libros e de material. 

Poden consultar a información premendo aquí.

Celebramos o día das Letras Galegas.

15/05/2022 13:31
Europe/Madrid

O venres celebramos o día das Letras Galegas. Tivemos a sorte de que Pedro e Andrea da ACDR O´Castro de Miño viñeran a darnos un concerto de música tradicional. Bailamos unha muiñeira, fixemos unha roda, cantamos e puidemos desfrutar da súa arte coa gaita e coa percusión tradicional.

Ademais, como cada ano, cada clase creo os seus "Poemiños polas letras" que xa están nos comercios da nosa vila para ser repartidos. Cando rematou o concerto, cada clase compartiu un dos seus Poemiños. Cantos poeta temos polo cole!  Sorriso

Aquí queda unha pequena mostra do ben que o pasamos.

 

 

 

Listas definitivas admitidas e admitidos

Publicadas as listas definitivas de admisión do alumnado para o curso 2022/23 que poden ser consultadas no interior do centro educativo.

Non hai variacións respecto das provisionais.

OS MAIOS

08/05/2022
Europe/Madrid

O pasado mércores día 4 celebramos "Os maios". Os alumnos e alumnas de 4º de primaria, o alumnado da aula específica e os mestres encargados, fixeron un gran traballo que puidemos desfrutar todo o cole.

Moitas grazas a todas as familias polas súas aportacións de flores e de verde.

E un agradecemento especial á nosa Carmen Sánchez, que pese a estar xa desfrutando da súa xubilación, achegouse a axudarnos. Grazas Carmen! 

  

 

 

 

Distribuir contido