Skip to Content

Igualdade

Polas nosas mulleres

Ao igual que o COVID o machismo é unha pandemia mundial, pero máis antiga. O feminismo busca de xeito incansable unha "vacina eficiente", a través da coeducación  que forma en valores igualitarios, rompendo cos valores tradicionais machistas. O que necesitamos é que a sociedade loite pacíficamente e sen descanso a igualdade real de xénero, libre de violencias machistas. 

 

Conmemoramos o 8M - Día da Muller

Dende Donas de sí, quixemos conmemorar o Día da muller cunha marcha ata ó centro da vila. No seguinte enlace podedes ver algunhas fotografías da actividade.

 https://photos.app.goo.gl/5Naz9JxaqRoZzQye9

 

Sumámonos o movemento #EQUALITER2019

O noso centro formou parte dunha actividade de sensibilización a nivel autonómico para a conmemoración do 25N Día Internacional para Eliminación da Violencia de Xénero.

Elaboramos un paxaro coas siluetas das nosas mans explicando: Que farías ti para cambiar esta situación? e participamos no vídeo que podedes ver a continuación.

 

  

Conmemoramos o 25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.

No día de hoxe, a nivel de centro, conmemoramos o 25N Día internacional da eliminación contra violencia de xénero coa creación dunha canción e o videoclip para a mesma.

Ademais fomos ata a praza do concello na que o alumnado de educación secundaria leu un manifesto e logo cantamos a canción todos xuntos. Podedes ver os vídeos no seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/RYQwQzbQfPziMtmQ8

Esperamos que vos guste!

Distribuir contido


by Dr. Radut