Skip to Content

Tempo de lecer

AS NOSAS ACTIVIDADES

O tempo de lecer co que contamos no periodo de comedor pode ser moi rico e estar cheo de diversión e aprendizaxe. Asi pois, contamos con diversas opcións, que en tempos de PANDEMIA, vense moi limitadas en canto aos compañeiros e compañeiras con quen compartir, e en canto ao uso que se fai dos materiais. Non obstante, coa incrible capacidade de adaptación demostrada polo alumnado e profesorado, seguimos a disfrutar do noso patio e da nosa biblioteca. 

 

CLUBE DE LETURA: "LIBROS AO CABO"

O Clube de Letura é un proxecto que xurde este curso na etapa de educación primaria, como continuación ao xa existente na etapa de ESO, dende hai xa anos. Diversos cursos (4º, 5º e 6º de primaria) reunímonos unha vez a semana, por grupos, para compartir e falar sobre as nosas leturas, para descubrir libros novos na biblioteca e facer recomendacións, para debuxar e, por suposto, para LEEERRRRR!!!! Esta actividade é, ao igual que o resto, VOLUNTARIA e DIVERTIDA.

 

ESPAZOS DEPORTIVOS E CONVIVENCIA

O noso recinto escolar exterior é moi rico e diverso. Contamos con herba, con area, con pista de fútbol e baloncesto, e cunha gradas estupendas para observar e conversar. Os máis pequerrechos e pequerechas contan cun estupendo areal (tan ansiado en tódolos centros escolares) que permite o desenvolvemento da súa psicomotricidade e creatividade, entre moitas outras cousas.

Todos estes espazos contan con material específico como pelotas de diverso tipo, raquetas de badminton, cordas, aros, cubos, palas, etc. A lectura ao sol tamén é unha estupenda posibilidade así como a simple charla que nos permite afianzar as amizades e practicar as nosas habilidades sociais e o bo trato.

CUMPRINDO AS SINXELAS NORMAS DE CONVIVENCIA O ESPAZO DE LECER DO COMEDOR É UNHA OPORTUNIDADE DE APRENDER E DIVERTIRSE!!!

O COMEDOR EN IMAXES

ASÍ NOS DIVERTIMOS...

Distribuir contido


by Dr. Radut