PROCESO DE MATRÍCULA CURSO 2021-22
A formalización da matrícula será de xeito AUTOMÁTICO para todo o alumnado do centro (non será necesario que as familias se acheguen ao centro para formalizar a matrícula), agás o alumnado que se matricule en 4º de educación infantil, o alumnado que se se matricule en 3º e 4º ESO e o alumnado novo que queira matricularse no noso centro por primeira vez.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- En Educación Infantil e en Educación Primaria: do 22 de xuño ao 30 de xuño.
- Na ESO: do 28 de xuño ao 12 de xullo.
LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Secretaría do centro.
O alumnado de nova incorporación ao centro pode pasar a recoller a documentación na secretaría do centro.
Ao alumnado de 3º e 4º de ESO entregaráselles o formulario de matrícula xunto co Consello orientador o día 25 de xuño ás 11 da mañá.