Skip to Content

Comunicación e presentación de proxectos empresariais

Comunicar e presentar un proxecto empresarial imaxinábamos que non era unha tarefa doada... O día 11 de febreiro Roberto Pérez Marijuán e Juan José Romero Crusat, da consultoría Suma Importancia tocaron co noso alumnado as claves segredas para conseguir emocionar e convencer da nosa idea de negocio a futuros socios, inversores, entidades bancarias, outras empresas ou á Administración. E cal é o contido que debemos escoller? O problema que solucionas o proxecto, o beneficio que obtérá o cliente, o equipo que está detrás do proxecto.. E non só é importante seleccionar o "que se di", senón o "como se di". Así que a estrutura correcta da mensaxe, a voz, as mans, a mirada... todo conta!! 

 

 



page | by Dr. Radut