try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

VALIDACIÓNS

Validacións: Coa validación dáse por superada un parte ou partes de estudos oficiais que se están a realizar tendo en conta a formación achegada e superada polo interesado con anterioridade. Nos estudos de Formación Profesional a unidade mínima de validación é o módulo formativo.

Equivalencias: A equivalencia é o recoñecemento de que un título (ou un conxunto de estudos superados polo interesado) ten os mesmos efectos académicos e/ou profesionais que outro, se ben non dá dereito ao interesado á obtención do título co que se establece a equivalencia.

Requisitos e prazos para solicitar validacións

A persoa solicitante presentará a solicitude de validación daqueles módulos dos que estea matriculada perante a dirección do centro educativo.

1. Se a resolución da validación corresponde á dirección do centro educativo, o alumnado deberá presentar o anexo XIV da Orde 12 de xullo de 2011 debidamente cuberto, dentro dos primeiros 20 días de inicio das clases. No caso de centros privados, a dirección deste dará traslado das solicitudes ao centro público ao que estea adscrito, no prazo de cinco días hábiles.

2. Se a resolución de validación corresponde ao Ministerio de Educación e Formación Profesional, o alumnado deberá presentar o anexo IV da Orde ECD/2159, de 7 de novembro, debidamente cuberto, no prazo que abrangue dende a data da matriculación e o 15 de outubro.

Máis información