Iria González gañadora da “VII Bolsa Indaga-María José Jove”

 

Moitos Parabéns á nosa compañeira Iria González, titora durante este curso 2020/2021 de 1º de primaria, por ser a gañadora da “VII Bolsa Indaga-María José Jove” ao presentar un proxecto que aposta por facilitar o proceso de ensino da área de matemáticas na aula, apoiado con materiais manipulativos e recursos tecnolóxicos. Este é un premio que se convoca cada ano por parte da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación María José Jove e o Instituto Galego de TDAH e Trastornos Asociados (INDAGA). Gañar este premio non só e un recoñecemento ao seu traballo senón que significa a entrega dunha aportación económica ao centro para o desenvolvemento do proxecto.

Mestras como a nosa compañeira apórtanlle un valor engadido á nosa profesión, tanto pola súa calidade persoal como pola súa gran formación.

Botarémoste de menos e esperamos que pronto esteas de volta no noso centro.

Gañadora da “VII Bolsa Indaga-María José Jove"

Foto de Moncho Fuentes

 

1º e 2º no Museo de Pontevedra

UNHA XORNADA MOI ARTÍSTICA NO:

O Museo de Pontevedra é un pouco especial porque está dividido en varios edificios. Nós visitamos algunhas salas do Sexto Edificio que é  moderno e ten amplas e luminosas salas que albergan exposicións de coleccións de arte antiga e moderna principalmente galega, pero tamén teñen obras doutros lugares de España.
Estivemos moi atentos as explicacións da monitora quen nos recibiu cun amplo sorriso e con moito cariño.
Observamos distintos tipos de pinturas e técnicas que empregan os pintores nas súas obras, como se poden mesturar unhas cores para conseguiren outras, como se facían as cores antigamente, como ler as cartelas das obras, etc.
Ademais, tamén aprendemos que é un retrato, un bodegón, unha paisaxe, unha escultura… mesmo tratamos de imitar a postura dalgunhas, que difícil debe ser pousar tanto tempo medio retortos!!!
O que máis chamou a nosa atención foi un retrato pintado por “El Greco”, síiiii,  polo famoso artista de  “O Cabaleiro da Man no Peito”. Este óleo sobre lenzo data do anos 1582-1585 e parece que o home retratado era un doutor porque leva un anel no dedo polgar e isto era un distintivo dos médicos naquela época! Este cadro adoita estar no Museo do Prado de Madrid pero como está de xira por España e agora pasando unhas semanas no Museo de Pontevedra nós fomos “facerlle unha visita”!!! Paga a pena velo!!!

Aquí vos deixamos uns videos curtiños que fixemos na clase para que teñades unha idea do bonito que é o Museo de Pontevedra!

2º: A contorna e nós

 

Un paseo especial pola NATUREZA

Esta vez foi o alumnado de 2º o que, da man de Eva F. Deza, levou a cabo esta actividade pola contorna para coñecer as árbores autóctonas e a flora propia do inverno.

Premendo na seguinte imaxe poderán ver o interesante desta saída.

 

Máis imaxes na nosa GALERÍA DE FOTOS