Iniciar sesión: Acceso

Outras actividades

ENTROIDO 2017

26/02/2017 13:24
Europe/Madrid

   O alumnado do centro disfrazouse este curso de personaxes de cómics, seguindo o Proxecto da Biblioteca. O centro encheuse de superheroes, Sacarinos, Picapedras...


RECORDANDO A ROSALÍA DE CASTRO

26/02/2017 13:19
Europe/Madrid

   Desde o centro sumámonos á celebración do Día de Rosalía pensada polo CEP Salustiano Rey Eiras. Consistía a mesma nunha ofrenda floral na Praza de Rosalía (A Pobra do Caramiñal), recitado de poemas e cancións con letra de Rosalía.

   O acto tivo lugar o día 23 de febreiro (por coincidir o 24 co entroido). O alumnado de 5º e 6º recitou dous poemas e cantou Negra sombra na versión de Amancio Prada e a segunda parte a xeito de rap. Rosalía adáptase a todo tipo de múscia.

ENTREGA PREMIOS CERTAME LITERARIO

25/05/2016 19:44
Europe/Madrid

     O mércores 25 de maio fixemos entrega dos premios aos gañadores/as do V Certame Literario "Esther Dourado". Dicir que tivemos moita participación e dar as grazas ás mestras e mestres dos distintos centros de infantil e primaria do concello pola estimulación do alumnado na participación. Aquí podemos ver á gañadora na categoría D (5º e 6º de primaria).

ENTERRO DO FELIPIÑO, 2016

26/02/2016 17:02
Europe/Madrid

     Un ano máis celebramos no centro o enterro do Felipiño. A comitiva fúnebre partiu da entrada do centro, percorrendo parte do patio. Despois de proceder á lectura do seu testamento, escrito polo mestre Carlos Mosteiro, por parte de dous alumnos de 6º, tivo lugar a incineración do finadoPULSA NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS.

TEATRO TROMPICALLO

18/12/2015 17:17
Europe/Madrid

     Grazas á colaboración do Concello de A Pobra, o alumnado do centro puido gozar cunha divertida obra de teatro a cargo do grupo Trompicallo. Nin que dicir ten que o pasaron en grande.

TEATRO TROMPICALLO

IV CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

05/03/2015 16:25
Europe/Madrid

Desde o noso centro convocamos o IV Certame Literario "Esther Dourado", para lembrar á nosa querida compañeira. Este curso poderán participar alumnado de infantil e primaria do concello, así como exalumnado do centro que estea a estudar ESO.

O prazo para a entrega de traballos será ata o día 24 de abril. PARTICIPA!

BASES DO CONCURSO

IV CERTAME LITERARIO

III CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

14/03/2014 17:31
Europe/Madrid

Desde o noso centro convocamos o III Certame Literario "Esther Dourado", na honra da nosa querida compañeira. Este curso poderán participar, ademais do alumnado que estuda no concello, aqueles exalumnos/as do noso centro.

O prazo para a entrega de traballos será ata o día 25 de abril. PARTICIPA!

Consulta as bases pulsando na imaxe:

 

PREMIOS I CERTAME LITERARIO

25/05/2012 15:55
Etc/GMT

O pasado mércores tivo lugar a entrega dos premios do I Certame Literario "Esther Dourado". Houbo un gran número de traballos presentados nas distintas categorías, cun nivel máis que aceptable. NORABOA AOS GAÑADORES!

I CERTAME LITERARIO

O ENDL do centro convoca o I Certame Literario "Esther Dourado", para alumnado de infantil (modalidade debuxo), primaria e secundaria obrigatoria (modalidade conto) do Concello de A Pobra do Caramiñal. Participa! Tés de prazo ata o 4 de maio.CERTAME LITERARIO

CONSULTA AS BASES

KARAOKE "ISTE VAISE"

00/00/
Array

Karaoke sobre a canción de Fuxan os Ventos do mesmo título, sobre un poema de Rosalía de Castro, coa temática da emigración de fondo

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930