Onte comezou a Semana Cultural no CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán. O certo é que foi un inicio ben emocionante. As actividades, que tiveron lugar na biblioteca entre onte e hoxe, foron desfrutadas (polo momento) polos cursos de 1º,2º e 4º. Porén, todos os grupos disfrutarán o que queda de semana doutras dinámicas, algunha moi apetitosas xa o veredes.
Aquí quedan algunhas imaxes do Contacontos acompañado cuns trucos máxicos a través da imprenta de xelatina, realizado por Moncho Leal (antigo mestre do Rosal) e a conferencia sobre Ecosistemas e Reciclaxe de Ángel Estévez (Enxeñeiro químico en Leuwarden, no norte de Holanda).
Por fin puidemos celebrar o día do libro tal e como agardabamos! Ao aire libre desfrutando dun roteiro cheo de libros e actividades. Roteiro organizado grazas aos rapaces e rapazas de quinto e sexto curso que xunto cas profesoras do equipo da biblio crearon un circuito configurado por seis estacións que atañen diferentes temáticas en relación aos libros da nosa biblioteca:
-Chefs Caselles (cociña)
-Plantas con flor(Kamishibai)
-Vaia conto! (contos clásicos)
-Monicreques (obradoiro de marionetas)
-Titiriteiros (expresión oral)
-Outras linguas (lingua de signos-alfabeto dactilolóxico)
En cada unha das estacións nomeadas levouse a cabo unha curta actividade de dinamización que rematou cun agasallo final. Como foi unha xornada moi dinámica, subiremos nos próximos días máis artigos para que non perdades detalles. Clica nesta imaxe para ver tódalas fotos.
Este 23 de abril o CEP Pedro Caselles rebosaba de "Sanchos", "Quixotes" e "Dulcineas" grazas ao fotocol que podedes ver na imaxe. Ademais os voluntarios e voluntarias deixaron o centro ambientado en relación a este día, e o certo é que lles quedou marabilloso! Non credes?
Non puidemos realizar os "obradoiros roteiros" por mor do tempo, xa que son ao aire libre, pero esta semana esperamos que o tempo nolo permita. Estamos desexándoo!
Como xa estaba anunciado na blog da biblioteca, os nenos /as voluntarios de 6º estiveron preparando unha actividade con motivo do “Mes da Ilustración” para compartir con todos nós.
Eles atoparon na nosa biblioteca 6 libros nos que se contaba a vida de grandes ilustradores-pintores moi famosos en todo o mundo. No momento Lector, levaron a cabo unha representación do conto para cada curso na biblioteca, mantendo todas as normas anti-COVID.
Así para os nenos/as de 1º, Sira, Carmen e Xoel contáronnos o conto de Vincent Van Gogh , un pintor que diesfrutaba moitísimo pintando xirasois amarelos.
Para os nenos/as de 2º, Diego e Javi foron os encargados de representar o conto de Velázquez con monicreques. Contáronnos que a Velázquez gustáballe moito pintar princesas e infantas.
Para os nenos/as de 3º, Antía e Kaitlinfixeron con calcetíns uns monicreques para falarnos da vida de Picasso. Fixérono moi ben!
Para os de 4º, Chiara , Victoria e Rocío léronnos o conto de Botero. A ese pintor encantáballe pintar persoas e animais ben gordos!
En 5º, Dani e Braisforonuns estupendos contacontos para lernos a vida de Gauguin e ensináronnos moitos cadros dese pintor.
Por último para 6ºCatuxa e Breogán foron os encargados de contarnos o conto de Chagall por medio dunha representación moi ben feita.
Pero, ao acabar cada unha das representacións propuxéronlle un reto a cada aula: facer un cadro dese pintor con material reciclado. O chamado ECO-ARTE. Quixemos pois, con esta actividade, fusionar as actividades da biblioteca ca celebración do Mes da Ilustración e co proxecto do noso CEP: o Ecomedor.
Parecéunos unha actividade preciosa e que poñía en marcha rápidamente a nosa imaxinación e creatividade. Froito diso xurdíu unha exposición de nivel dun museo importante, ao que podedes acceder de xeito virtual xunto co resto das imáxenes a través duns links na seguinte publicación. Cada cadro é auténtico e froito da imaxinación de cada grupo/aula.
Que tal estades nenos e nenas?
Son Uncas!Xa vai un tempo que non vos escribía as novas…
Como sabedes, este mes iniciamos o “Mes da Ilustración” na Biblioteca e por iso decoramos os espazos próximos á mesma cun monte de imaxes fascinantes que podedes atopar en diferentes libros. Ademais, a nosa árbore conta con libros relacionados co tema coma:
*Cuadro cuento- de Juan Ramón Brotons (Autor) e Ximena Maier (Ilustradora)
*Cuéntame un cuadro- Quentin Blake
*Descubriendo el mundo mágico de Van Gogh-María J.Jordá.
Vos coñecedes a algún ou algunha artista no mundo da ilustración? Os mozos e mozas de sexto son case expertos/as xa que están facendo unha investigación moi interesante sobre as mesmas e os mesmos. Pero, non vos podo contar moito máis, posto que é sorpresa. Pronto descubriremos de que se trata porque o compartirán co resto da escola
Un saudiño,
UNCAS
A finais do pasado trimestre celebramos o mes da ciencia. Mes que quixemos adicar especialmente (aínda que non unicamente) ás mulleres científicas da nosa terra.
Puxemos en marcha así diferentes actividades nas que se realizaron tarefas enfocadas á investigación e á expresión verbal principalmente. Aínda que… O que máis usamos foi a nosa creatividade! E aínda que o realmente importante foi o proceso, aquí queda mostra dalgúns momentos e traballos sobre :
*María José Alonso
*Mar Campeáns
*Begoña Vilas
*Ángeles Alvariño
*Antonia Ferrín
*Leonardo da Vinci
Antes do remate do primeiro trimestre as alumnas e alumnos de diferentes cursos puideron visitar a biblio. Na mesma puideron comprobar os cambios realizados tendo en conta o protocolo COVID e as novas normas. Pero, tamén puideron contemplar a exposición de libros sobre medio ambiente e comida saudable, os dous temas que une o proxecto do noso CEIP: O Comedor. Deste xeito, puideron descubrir os exemplares máis interesantes para o préstamo de libros deste novo trimestre.
O venres pasado iniciamos o obradoiro "Improvisación oral na vida cotiá" a cargo de Luis Correa " Caruncho" (músico e regueifeiro) . Con el os rapaces e rapazas voluntarios/as da biblioteca no curso 2019/2020 comezaron a coñecer o mundo da improvisación oral. Estamos desexando volver a desfrutar da súa compaña este venres!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer