Novembro 2020

Primeira ronda de improvisación oral

O venres pasado iniciamos o obradoiro "Improvisación oral na vida cotiá" a cargo de Luis Correa " Caruncho" (músico e regueifeiro) . Con el os rapaces e rapazas voluntarios/as da biblioteca no curso 2019/2020 comezaron a coñecer o mundo da improvisación oral. Estamos desexando volver a desfrutar da súa compaña este venres!

 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Como todos os anos por estas datas, o cole inúndase dunha marea morada que pretende "arrasar" esta lacra social que tanto nos avergonza.

Nesta ocasión, o equipo de biblioteca achegou unha proposta de traballo empregando a canción "BÁGOAS NA PEL", do grupo "Volta e dalle", como lazo comunicativo para toda a comunidade escolar. Os primeiros cursos encargáronse de escribir nuns círculos sobre o respeto entre xéneros e os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º, prepararon as distintas palabras que conforman o retrouso.

 Tamén mostramos o traballo das compañeiras de cuarto curso de E.P que fixeron este fermoso mural para concienciarnos da importancia deste día. A súa vez, aproveitaron para recordarnos os dereitos dos nenos e nenas.

Agardamos que o resultado vos guste tanto como a nós.

 

 

 

 

 

Voltamos á biblio!

 

 

 O Equipo de Biblioteca ca colaboración de 4 alumn@s de quinto curso realizou este vídeo para mostrar as novidades da biblioteca durante este curso tan especial.

 

 

  

 

As vosas cartas :)

Boas nenos e nenas!

 

Estou encantado con tanta correspondencia!

Gustáronme moito as vosas cartas,

tanto polo que me contades coma

polos debuxos e as cores.

 

Volvereivos a escribir!

 

Unha aperta,

 

                                               UNCAS

 

 

Duelo monstruoso!

 

    Como non podería ser doutro xeito, este ano tamén celebramos o noso SAMAÍN, porque en Biblio-Caselles encántanos “PASALO DE MEDO”!!!

Para darlle valor as nosas raíces e tendo sempre presente a esencia da nosa cultura, quixemos facer unha homenaxe á tradición regueifeira do noso pobo. As regueifas, son disputas en forma de canto entre dúas ou máis persoas. Algo moi semellante ocorre coas actuais “batallas de galos”, que empregan o RAP como estilo comunicativo para resolver unha liorta oral entre os seus participantes. Desta mestura entre tradición e modernidade xurdiu o vídeo que achegamos a continuación. Unha disputa entre o Frankenstein, Home Lobo, pantasma e Drácula sobre quen é o máis terrorífico dos monstruos.

Agradecemos a colaboración do noso alumnado de 5º B.

 E a ti...

Quen che parece o máis monstruoso?

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer