Xaneiro 2021

Mes da Ilustración

 

Que tal estades nenos e nenas?

Son Uncas!Xa vai un tempo que non vos escribía as novas…

Como sabedes, este mes iniciamos o “Mes da Ilustración” na Biblioteca e por iso decoramos os espazos próximos á mesma cun monte de imaxes fascinantes que podedes atopar en diferentes libros. Ademais, a nosa árbore conta con libros relacionados co tema coma:

*Cuadro cuento- de Juan Ramón Brotons (Autor) e Ximena Maier (Ilustradora)

*Cuéntame un cuadro- Quentin Blake

*Descubriendo el mundo mágico de Van Gogh-María J.Jordá.

 

Vos coñecedes a algún ou algunha artista no mundo da ilustración? Os mozos e mozas de sexto son case expertos/as xa que están facendo unha investigación moi interesante sobre as mesmas e os mesmos. Pero, non vos podo contar moito máis, posto que é sorpresa. Pronto descubriremos de que se trata porque o compartirán co resto da escola Guiño

Un saudiño,

UNCAS

 

 

Mes da Ciencia 2020/2021

 

 

 

A finais do pasado trimestre celebramos o mes da ciencia. Mes que quixemos adicar especialmente (aínda que non unicamente) ás mulleres científicas da nosa terra.

 Puxemos en marcha así diferentes actividades nas que se realizaron tarefas enfocadas á investigación e á expresión verbal principalmente. Aínda que… O que máis usamos foi a nosa creatividade! E aínda que o realmente importante foi o proceso, aquí queda mostra dalgúns momentos e traballos sobre :

*María José Alonso

*Mar Campeáns

*Begoña Vilas

*Ángeles Alvariño

*Antonia Ferrín

*Leonardo da Vinci

 

 

 

Estades inivitad@s a pasar!

 

Antes do remate do primeiro trimestre as alumnas e alumnos de diferentes cursos puideron visitar a biblio. Na mesma puideron comprobar os cambios realizados tendo en conta o protocolo COVID e as novas normas.  Pero, tamén puideron contemplar a exposición de libros sobre medio ambiente e comida saudable, os dous temas que une o proxecto do noso CEIP: O Comedor. Deste xeito, puideron descubrir os exemplares máis interesantes para o préstamo de libros deste novo trimestre.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer