CAMIÑO ESCOLAR SEGURO

 No mes de outubro deu comezo na escola o proxecto Camiño Escolar Seguro, que impulsa o Concello de Gondomar co apoio da Deputación de Pontevedra. Como xa ocorre noutras vilas e cidades, perséguese que os nenos e as nenas poidan desprazarse á escola dunha forma autónoma, saudable, sostible e segura.

Para que os Camiños Escolares Seguros teñan éxito precísase da implicación do alumnado. Por iso, hai uns días presentouse o proxecto en todos os cursos. A través dunha actividade pensaron cales son os desprazamentos que fan á escola e como se fan (a pé, en bicicleta, en autobús ou en coche...). Ademais, reflexionaron en grupo sobre os elementos que debería ter un camiño á escola.

Ao longo deste trimestre as nenas e os nenos farán mais actividades, co obxectivo de deseñar de forma participativa o Camiño Escolar Seguro, contando coa súa visión e as súas propostas.

O alumnado de 6º confecciona murais nas aulas

 

Elementos que atopa o alumnado de 4º no desprazamento á escola

 

O alumnado de 6º traballa os camiños sobre os mapas

 


 

ADORNOS DE NADAL PARA GONDOMAR

O alumnado do colexio colabora co concello de Gondomar co fin de engalanar unha das súas árbores durante as vindeiras festas, para o que elabora adornos utilizando como base materiais de refugallo.

Agardamos que vos gusten e que luzan fermosos nesa árbore de Nadal.


 

Gran Prix Financeiro

O alumnado de 6º curso acudiu ao Auditorio Luís Tobío de Gondomar a unha actividade impulsada por ABANCA, que tivo como finalidade transmitirlles aos rapaces e rapazas, a través de diferentes xogos, a importancia dunha boa xestión dos cartos, toma de decisións, valor do esforzo, da empatía e da solidariedade.


 

O MONTE É VIDA

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha interesante charla sobre a importancia do coidado do monte. Os poñentes, axentes medioambientais do servizo de montes e incendios forestais do Baixo Miño, explicáronnos de xeito ameno e por medio de exemplos reais, as graves consecuencias que os incendios forestais teñen para os humanos, a flora e a fauna, o perigo da contaminación das augas dos ríos, a desaparición de especies motivada por non respectar os períodos de veda da pesca e da caza, etc.

Tamén fixeron mención á loita por frear o cambio climático que está a levar a cabo Greta Thunberg e á que o noso cole leva uníndose desde o pasado curso con diferentes actividades e accións polo clima.

Ao rematar a charla, o alumnado e profesorado foron agasallados cun libriño e unha pegatina para conmemorar o día da árbore o 21 de marzo.

Agardamos que este evento fáganos cada vez máis conscientes da necesidade de coidar o noso entorno, porque o monte é de todo@s.

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

         O alumnado de 6º quere verde o seu monte

 


VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA

O día 16 de outubro, o alumnado de 6º curso visitou o Museo de Pontevedra, unha interesante actividade de apoio para o estudo da Prehistoria na aula.

Nas diferentes salas polas que as guías non foron levando, puidemos atopar grabados rupestres así como os tipos de vivenda, ferramentas e utensilios, orfebrería e metalurxia propias da época.

Como acompañamento á visita os nenos e nenas realizaron un cuadernillo de apoio ás explicacións.


 

ACTUACIÓN DE SUSA HERRERA

O alumnado e profesorado do colexio gozou hoxe do concerto ofrecido por Susa Herrera, representando os cantos animais do Parque Natural de Cabárceno en Cantabria, recollidos no seu novo libro musical.

 


 

ESCOLA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE VINCIOS

O martes 18 de xuño a Agrupación Musical de Vincios, interpretou diferentes fragmentos de pezas musicais de actualidade para todo o centro.

Deixámosvos unhas fotografías da súa intervención.


 

FAMILIAS POLO CAMBIO CLIMÁTICO

De novo un venres máis manifestámonos no colexio pola concienciación medioambiental. Nesta ocasión acompañáronnos as familias. Grazas a todos e todas por acudir ao noso chamamento e compartir este momento.

Durante este manifesto a mestra de música dirixiu ao alumnado de 6º curso na interpretación do seu rap e todos xunt@s finalizamos cunha canción.

 


 

Inicio de sesión