FAMILIAS POLO CAMBIO CLIMÁTICO

De novo un venres máis manifestámonos no colexio pola concienciación medioambiental. Nesta ocasión acompañáronnos as familias. Grazas a todos e todas por acudir ao noso chamamento e compartir este momento.

Durante este manifesto a mestra de música dirixiu ao alumnado de 6º curso na interpretación do seu rap e todos xunt@s finalizamos cunha canción.

 


 

OS REFUGALLOS TAMÉN SONAN

Esta semana gozamos no colexio dun obradoiro musical de mans de José Troncoso, todo un especialista en facer soar todo tipo de materiais de refugallo, botes de metal, botellas e cubos de plástico, latas de conservas e incluso tubos de goma de electrodomésticos. 

Animou aos nenos e nenas a construír os seus propios instrumentos nas súas casas e así poder crear ritmos musicais diferentes.

Para que non se diga, non interpreta quen non quere, so é necesario botarlle imaxinación.

 

 


 

VISITAMOS PRAIA AMÉRICA CON VALMIEMPREGA

Un mar de area un mar de sentidos

O alumnado de 5º e 6º curso realizou unha interesante visita de mans do Obradoiro de Emprego Valmiemprega III, pola contorna de praia América.

O percorrido discorreu pola praia, a subida a Monte Lourido, desde onde puideron admirar a baía de Baiona e praia Ladeira, para rematar no paseo da Foz onde os nenos e nenas gozaron dun rato de ocio.

Se queredes ampliar información sobre a visita facede clic no seguinte enlace da web ValmiñorTv.

https://valminortv.com/2019/05/14/escolares-do-ceip-neira-vilas-percorren-o-litoral-de-nigran-guiados-por-valmiemprega/

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

Ilustrando Historias

O 26 de abril, como colofón a unha semana arredor do Día do Libro, contamos no cole coa presenza do ilustrador e contacontos Benxamín Míguez Novoa, que fíxonos rir e entusiasmarnos coas súas historias que tiveron como protagonistas nenos e nenas do público.

A súa actuación tivo dous pases, un para os cursos 1º, 2º e 3º e outro para 4º, 5º e 6º.

 

 

E ao remate da súa intervención os nenos e nenas continuaron ilustrando a xornada.


 

 

SEPRONA E OS INCENDIOS FORESTAIS

O venres 29 de marzo, recibimos a visita do persoal da Garda Civil especializado en impartir charlas informativas sobre o coidado do medio ambiente. Nesta ocasión e dentro do programa Voz Natura, trataron temas tan importantes como o control pesqueiro, vertedoiros incontrolados, control de especies foráneas animais e vexetais, e inevitablemente centráronse nos incendios forestais, unha lacra que sofren os nosos montes ano tras ano.

O seu labor é fundamental no control e extinción dos incendios e a colaboración de todos e todas é necesaria a fin de evitar que cheguen a producirse e devasten o noso maior patrimonio: a natureza.


 

CHARLA PRODUTOS LÁCTEOS

Esta semana tivemos unhas charlas interesantísimas sobre o leite, temos que agradecerlles a Carlos Spuch e a Edith Uhía, o moito que nos ensinaron sobre o leite e os seus derivados, e o que nos fixeron gozar cos xeados, que probamos en primicia. O leite é considerado un alimento completo polo seu contido de proteínas, graxas, carbohidratos, vitaminas e minerais. É necesario para o noso desenvolvemento.

 

Grazas ás empresas “Deleite” e a “Bico  de Xeado” polo material facilitado para a degustación.

 


 

22 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA AUGA

Aproveitando que están a traballar na aula contidos relacionados co tema, o alumnado de 4º e 5º curso, recibiu unha charla sobre a xestión integral do ciclo da auga, no día no que se lembra a súa importancia para a vida.

A ponente Priscila, técnico de xestión do ciclo da auga, da empresa Espina & Delfin especialista en estes temas, ofreceulles a oportunidade de coñecer máis sobre este ben tan prezado como por exemplo, en que consiste o proceso de xestión das augas residuais, a importancia de comportamientos cívicos, a necesidade de adoptar medidas que favorezan a sostenibilidade dos recursos de auga doce.

Ademais coa colaboración dalgúns nenos e nenas, realizaron algunha actividade práctica co fin de entender mellor a necesidade de concienciarse sobre o bo uso da auga.

Tamén puidemos contar coa presenza do alcalde e a concelleira de educación de Gondomar que agasalláronnos co libro

En Gondomar amamos a auga

Xa sabedes

Tratemos ben á auga é a nosa vida

 

 


 

FOLGA ESCOLAR POLO CLIMA

XUVENTUDE POLO CAMBIO CLIMÁTICO

15 de marzo 2019

No mes de marzo a comunidade escolar coñeceu a Greta Thunberg, unha estudante e activista sueca de 16 anos que convirtiuse nunha destacada figura das folgas estudiantís pola loita do cambio climático, sentándose para protestar diante do parlamento sueco xunto cun cartel "HUELGA ESCOLAR POR EL CLIMA". Esta iniciativa chamou a atención a nivel internacional e inspirou a escolares de todo o mundo a participar en folgas estudiantís.

En España tamén son moitos os centros escolares que participan nas mobilizacións internacionais cada venres contra o cambio climático iniciado por Greta. O noso centro púxose mans a obra para comezar un grato traballo de concienciación e manifestación para coidar o noso planeta.

O 15 de marzo o CEP Xosé Neira Vilas uniuse a esta loita internacional. A nosa manifestación escolar foi unha gran xuntanza no patio, alumnado e mestres apoiomos esta gran iniciativa. As pancartas, carteis e pegatinas feitas no colexio encheron de esperanza a este gran problema mundial.

SEMPRE VERDES

RAP EN DEFENSA DO MEDIOAMBIENTE

(letra do alumnado de 6º curso

traballo realizado en Ed. Musical)

Fai clic na imaxe para acceder

22 de marzo


 

Inicio de sesión